Shanghai

cidade da China From Wikipedia, the free encyclopedia

Shanghaimap
Remove ads

Xangai,[1][2][3] ás veces escrito como Shanghai,[4][5][6][7][8][9][10]  (en chinés: 上海; pinyin: Shànghǎi; Tradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China[11][12] e do mundo por poboación.[13] É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro,[14] e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.[15] Está situada no litoral do océano Pacífico, na boca do delta do Yangtzé, a beira dun brazo deste, o río Huangpu.

Datos rápidos Símbolo oficial, Alcume ...
Thumb
Vista do Bund dende a torre Jing Mao.

Localizada no delta do río Yangtzé na China oriental, Shanghai sitúase na boca do río Yangtzé na parte media da costa chinesa. O concello fai fronteira coas provincias de Jiangsu e Zhejiang polo norte, sur e oeste, e polo leste limita co mar da China Oriental.[16]

Durante séculos, foi unha vila administrativa, de pesca e de comercio. A súa importancia medrou no século XIX debido ó recoñecemento europeo do seu potencial económico e da localización estratéxica do seu porto. A cidade foi aberta en numerosas ocasións ó comercio cos estranxeiros após a vitoria británica na Primeira Guerra do Opio e o subsecuente Tratado de Nanjing de 1842, que permitiu o establecemento da "Concesión Internacional de Shanghai". A cidade floreceu como centro do comercio entre oriente e occidente, e converteuse o indiscutible motor financeiro da Asia do pacífico durante os anos 1930.[17] Porén, coa chegada ó poder do Partido Comunista en 1949, o comercio foi reorientado cara aos países socialistas, e a influencia global da cidade minguou. Na década de 1990, as reformas económicas introducidas por Deng Xiaoping produciron un intenso crecemento da cidade, que permitiu o retorno de investimentos foráneos á cidade.[18]

Shanghai é un popular destino turístico, famoso polo seu patrimonio histórico como o Bund, o Templo Cidade de Deus e o Xardín Yu, así como a arquitectura de Lujiazui, o Museo de Shanghai e o Museo de Arte da China. Foi descrita como a "obra mestra" da puxante economía da China.[19][20]

Remove ads

Política

Administrativamente, o municipio de Shanghai é un dos catro na China que ten estatuto de provincia. É gobernada directamente dende o executivo estatal.

Historia

Artigo principal: Historia de Shanghai.

Antigüidade

A parte occidental da actual Shanghai estivo habitada xa fai 6000 anos.[21] Durante o período das primaveras e outonos (aproximadamente 771 a 476 a.C.), pertenceu ao reino de Wu, que foi conquistado polo reino de Yue , que á súa vez foi conquistada polo reino de Chou.[22] Durante o período dos Reinos Combatentes (475 a. C.), Shanghai formou parte do feudo de Huang Xie (máis coñecido por Lord Chunshen) da dinastía Chou, un dos Catro Señores dos Estados Combatentes. El foi o que ordenou a escavación do río Huangpu, cuxo nome antigo e poético, río Chunshen, deu a Shanghai o sobrenome de "Shēn".[22] Os pescadores que vivían na zona de Shanghai crearon entón un utensilio de bambú para pescar chamado , que deu nome á desembocadura do arroio Suzhou, ao norte da Cidade Vella e converteuse en alcume común e abreviatura da cidade.[23]

Historia imperial

Durante as dinastías Tang e Song, a cidade de Qinglong (青龙镇) no actual distrito de Qingpu era un importante porto comercial. Fundada no ano 746 (quinto ano da era Tang Tianbao), desenvolveuse no que historicamente deu en chamarse a "cidade xigante do sueste", con trece templos e sete pagodes. Mi Fu, erudito e artista da dinastía Song, foi o seu prefecto. O porto experimentou un próspero comercio coas provincias ao longo do río Yangtzé e a costa chinesa, así como con países estranxeiros como o Xapón e Silla..[24]

Thumb
Pagode da praza de Songjiang, construído no século XI

Ó final da dinastía Song, o centro do comercio trasladouse río abaixo do río Wusong ata Shanghai.[25] En 1074 pasou de aldea a cidade de mercado, e en 1172 construíuse un segundo muro para estabilizar a costa do océano, complementando un dique anterior.[26] Desde a dinastía Yuan en 1292 ata que Shanghai converteuse oficialmente nun municipio en 1927, o centro da cidade foi administrado como un condado baixo a prefectura de Songjiang, que tiña a súa sede no actual distrito de Songjiang.[27]

Thumb
O Salón Mahavira no templo Zhenru, construído en 1320

Dous acontecementos importantes axudaron a promover o desenvolvemento de Shanghai na dinastía Ming. Un muro da cidade que foi construído por primeira vez en 1554 para protexer a cidade das incursións dos piratas xaponeses. Medía dez metros de altura e cinco quilómetros de circunferencia.[28] O templo da cidade de Deus foi construído en 1602 durante o reinado de Wanli. Esta honra adoitaba reservarse para as capitais provinciais e normalmente non se daba a unha mera sede de condado como Shanghai. Os estudosos teorizaron que isto probablemente reflectía a importancia económica da cidade, en oposición ó seu baixo status político.[28]

Thumb
A antiga cidade amurallada de Shanghai no século XVII

Durante a dinastía Qing, Shanghai converteuse nun dos portos marítimos máis importantes da rexión do delta do Yangtze como resultado de dous importantes cambios na política do goberno central: en 1684, o emperador Kangxi reverteu a prohibición da dinastía Ming sobre as embarcacións de alta mar, unha prohibición que estaba en vigor desde 1525; e en 1732, o emperador Qianlong trasladou a oficina de aduanas para a provincia de Jiangsu.(江|海|关) desde a capital da prefectura de Songjiang ata Shanghai, e concedeu a Shanghai o control exclusivo sobre as coleccións aduaneiras para o comercio exterior de Jiangsu. Como resultado destas dúas decisións críticas, Shanghai converteuse no principal porto comercial de toda a rexión inferior do Yangtze en 1735, a pesar de estar aínda no nivel administrativo máis baixo da xerarquía política.[29]

Auxe e idade de ouro

Thumb
Un mapa de Xangai de 1884; A área chinesa está en amarelo, a francesa en vermello, a británica en azul e a estadounidense en laranxa.

No século XIX, a atención internacional a Shanghai creceu debido ao recoñecemento europeo do seu potencial económico e comercial no Yangtze. Durante a primeira guerra do opio (1839-1842), as forzas británicas ocuparon a cidade[30] A guerra rematou en 1842 co tratado de Nanquín, que abriu a Shanghai como un dos cinco portos abertos para o comercio internacional.[31] Os tratados de Bogue, de Wanghia e de Whampoa (asinados en 1843, 1844 e 1844, respectivamente) obrigaron aos chineses a conceder os desexos europeos e americanos de visitas e comercio en chan chinés. O Reino Unido, Francia e os Estados Unidos de América estableceron unha presenza fóra da cidade amurallada de Shanghai, que permaneceu baixo a administración directa dos chineses.[32]

A Cidade Vella de Shanghai, controlada polos chineses, caeu en mans dos rebeldes da Sociedade das Espadas Pequenas en 1853, pero foi recuperada polo goberno Qing en febreiro de 1855.[33] En 1854, o Consello Municipal de Shanghai foi creado para xestionar os asentamentos estranxeiros. Entre 1860 e 1862, os rebeldes de Taiping atacaron dúas veces Shanghai e destruíron os suburbios do leste e do sur, pero non logrou tomar a cidade[34] En 1863, o asentamento británico ao sur de Suzhou Creek (ao norte do Distrito de Huangpu) e o asentamento americano ao norte (ao sur do Distrito de Hongkou) uníronse para formar o Asentamento Internacional de Shanghai. Os franceses optaron por non participar no Consello Municipal de Shanghai e mantiveron a a súa propia concesión no sur e no suroeste.[35]

Thumb
O desmantelamento das murallas da Cidade Vella, 1911

A primeira guerra sino-xaponesa concluíu co tratado de Shimonoseki de 1895, que elevou o Xapón a converterse nunha potencia estranxeira en Shanghai. Xapón construíu as primeiras fábricas en Shanghai, que pronto foron copiadas por outras potencias estranxeiras. Toda esta actividade internacional deulle a Shanghai o alcume de "a Gran Atenas de China".[36] En 1914, as murallas da Cidade Vella foron desmanteladas porque bloqueaban a expansión da cidade. En xullo de 1921, o Partido Comunista Chinés foi fundado na Concesión Francesa.[32] O 30 de maio de 1925 estalou o Movemento 30 de Maio cando un obreiro dunha fábrica de algodón de propiedade xaponesa foi asasinado a tiros por un capataz xaponés.[37] Os traballadores da cidade fixeron entón folgas xerais contra o imperialismo, que se converteron en protestas a nivel nacional que deron lugar ao nacionalismo chinés.[38]

A idade de ouro de Shanghai comezou coa súa elevación ao status de municipio despois de que fose separada de Jiangsu o 7 de xullo de 1927.[32][39] Este novo municipio chinés cubría unha superficie de 494.69 km2, incluíndo os modernos distritos de Baoshan, Yangpu, Zhabei, Nanshi e Pudong , pero excluíu os territorios de concesións estranxeiras.[39] Dirixido por un alcalde e Consello municipal chinés , a primeira tarefa do novo goberno da cidade foi crear un novo centro na cidade de Jiangwan, no distrito de Yangpu, fóra dos límites das concesións estranxeiras. O plan incluía un museo público, unha biblioteca, un estadio deportivo e unha prefectura , que foron parcialmente construídos antes de ser interrompidos pola invasión xaponesa[40] Na década de 1920, a música shidaiqu converteuse nunha nova forma de entretemento e popularizouse en Shanghai.[41]

A cidade floreceu, converténdose no principal centro comercial e financeiro da rexión Asia-Pacífico na década de 1930.[17] Durante as décadas seguintes, cidadáns de moitos países e de todos os continentes chegaron a Shanghai para vivir e traballar; os que permaneceron por longos períodos, algúns durante xeracións, chamábanse "shanghailanders ".[42] Nas décadas de 1920 e 1930, case 20.000 rusos brancos fuxiron da recentemente creada Unión Soviética para residir en Shanghai.[43] Estes rusos de Xangai constituían a segunda comunidade estranxeira máis grande. En 1932, Shanghai converteuse na quinta cidade máis grande do mundo e fogar de 70.000 estranxeiros.[44] Na década de 1930 chegaron á cidade uns 30.000 refuxiados xudeus procedentes de Europa.[45]

Invasión xaponesa

Thumb
O districto Zhabei en chamas, 1937
Thumb
Estudantes xudeus refuxiados en Shanghai

O 28 de xaneiro de 1932, as forzas xaponesas invadiron Shanghai mentres os chineses resistían. Máis de 10.000 tendas e centos de fábricas e edificios públicos[46] foron destruídos, deixando o distrito de Zhabei arruinado. Uns 18.000 civís morreron, resultaron feridos ou foron declarados desaparecidos.[32] O 5 de maio acordouse un alto o fogo.[47] En 1937, a batalla de Shanghai deu como resultado a ocupación de partes de Shanghai administradas polos chineses fóra do Acordo Internacional e da Concesión francesa. As persoas que se quedaron na cidade ocupada sufrían a diario, pasaban fame, opresión ou morte.[48] As concesións estranxeiras foron finalmente ocupadas polos xaponeses o 8 de decembro de 1941 e permaneceron ocupadas ata a rendición do Xapón en 1945; durante ese tempo varios foron cometidos numerosos crimes de guerra.[49]

Un efecto secundario da invasión xaponesa de Shanghai foi o gueto de Shanghai. O cónsul xaponés en Kaunas, Lituania, Chiune Sugihara emitiu miles de visados aos refuxiados xudeus que escapaban da solución final á cuestión xudía dos nazis. Viaxaron desde Kėdainiai, Lituania, atravesando Rusia en ferrocarril ata o Vladivostok desde onde viaxaron en barco ata Kōbe, Xapón. A súa estadía en Kōbe foi curta xa que o goberno xaponés trasladounos a Shanghai en novembro de 1941. Outros refuxiados xudeus atoparon refuxio en Shanghai, non a través de Sugihara, senón que viñeron en barcos desde Italia. Os refuxiados de Europa foron internados nun gueto reducido no distrito de Hongkou,[50] e despois do ataque xaponés a Pearl Harbor, ata os xudeus iraquís que vivían en Shanghai desde antes do estalido da segunda guerra mundial foron internados. Entre os refuxiados no gueto de Shanghai estaban os estudantes e profesores do Yeshivá Mir. O 3 de setembro de 1945, o exército chinés liberou o gueto e a maioría dos xudeus marcharon nos próximos anos. En 1957, só quedaban cen xudeus en Shanghai.

O 27 de maio de 1949, o Exército Popular de Liberación tomou o control de Shanghai mediante a campaña de Shanghai. Baixo a nova República Popular da China (RPCh), Shanghai era un dos únicos tres municipios que non se fusionaron coas provincias veciñas (os outros eran Pequín e Tianjin).[51] A maioría das empresas estranxeiras trasladaron as súas oficinas de Shanghai a Hong Kong, como parte dunha desinversión estranxeira debido á vitoria da RPCh.[52]

Modernidade

Thumb
Rúa Nanjing, 1967 durante a Revolución Cultural

Despois da guerra, a economía de Shanghai restableceuse; de 1949 a 1952, a produción agrícola e industrial da cidade aumentou un 51,5% e un 94,2%, respectivamente.[32] Había 20 distritos urbanos e 10 suburbios naquel momento.[53] O 17 de xaneiro de 1958, os distritos de Jiading e Baoshan xunto co Condado de Shanghai en Jiangsu pasaron a formar parte do municipio de Shanghai, que se expandiu ata os 863 km2. En decembro do ano seguinte, a superficie de Shanghai ampliouse a 5910 km2 despois de que se engadisen máis zonas suburbanas circundantes en Jiangsu: Chongming, Jinshan, Qingpu, Fengxian, Chuansha e Nanhui.[54] En 1964, as divisións administrativas da cidade reorganizáronse en 10 distritos urbanos e 10 condados.[53]

Como centro industrial da China cos traballadores industriais máis cualificados, Xangai converteuse en centro da política radical de esquerdas durante as décadas de 1950 e 1960. A esquerdista radical Jiang Qing e os seus tres aliados, a Banda dos Catro, tiñan a súa base na cidade.[55] Durante a Revolución Cultural (1966–1976), a sociedade de Shanghai sufriu un grave dano, con 310.000 condenas ilícitas que involucraron a máis de 1 millón de persoas. Unhas 11.500 persoas foron inxustamente perseguidas ata a morte. A pesar diso, Shanghai mantivo a produción económica cunha taxa de crecemento anual positiva.[32] A Comuna Popular de Xangai foi establecida na cidade durante a tormenta de xaneiro de 1967. A pesar das perturbacións das revolucións culturais, Shanghai mantivo a produción económica cunha taxa de crecemento anual positiva.[32]

Durante a campaña da Terceira Fronte para desenvolver a industria básica e a industria pesada no interior da China en caso de invasión da Unión Soviética ou os Estados Unidos, 354.900 shanghaineses foron enviados a traballar en proxectos da Terceira Fronte.[56](pxvi) A peza central do proxecto da Pequena Terceiro Fronte de Xangai era a "base traseira" de Anhui, que servía como "base de fabricación multifuncional de armamento antiaéreo e antitanque".[56](pxvi)

Desde 1949, Xangai foi un contribuínte comparativamente importante de ingresos fiscais ao goberno central; en 1983, a contribución da cidade en ingresos fiscais foi maior que o investimento recibido nos últimos 33 anos xuntos.[57] A súa importancia para o benestar fiscal do goberno central tamén lle privou das liberalizacións económicas iniciadas en 1978.

En 1990, Deng Xiaoping permitiu a Shanghai iniciar reformas económicas, que reintroduciron o capital estranxeiro na cidade e desenvolveron o distrito de Pudong, o que deu lugar ao nacemento de Lujiazui.[58] Ese ano, o goberno central chinés designou a Xangai "Cabeza de Dragón" da reforma económica.[59] A partir de 2020, Shanghai está clasificada como cidade Alpha+ pola Globalization and World Cities Research Network, o que a converte nunha das 10 principais cidades do mundo.[60]

A principios de 2022, Xangai experimentou un gran brote de casos de COVID-19. Despois de que os bloqueos localizados non conseguisen frear o aumento de casos, o goberno chino bloqueou toda a cidade o 5 de abril. Isto provocou unha escaseza xeneralizada de alimentos en toda a cidade, xa que as cadeas de subministración de alimentos víronse gravemente afectadas polas medidas de bloqueo do goberno, que non se levantaron ata o 1 de xuño.[61]

Remove ads

Xeografía

Thumb
A zona urbana de Shanghai en 2016, xunto co as súas illas principais. De noroeste a sueste: Chongming, Changxing, Hengsha, e os baixos de Jiuduansha fronte a Pudong. Pódese ver a descarga de sedimentos natural do Yangtzé.

Shanghai está situada no estuario do Yangtzé da costa oriental da China, co río Yangtzé ao norte e a baía de Hangzhou ao sur, e o mar da China Oriental ao leste. O terreo está formado pola deposición natural do Yangtzé e os modernos proxectos de recuperación de terras. Como tal, ten solo areoso, e os rañaceos teñen que construírse con profundos pilotes de formigón para evitar afundirse no terreo brando.[62] O Concello de Shanghai, de ámbito provincial, administra tanto o estuario como moitas das súas illas circundantes. Limita coas provincias de Zhejiang ao sur e Jiangsu ao oeste e ao norte.[63] O punto máis setentrional do municipio atópase na Illa de Chongming, que é a segunda illa máis grande da China continental tras a súa expansión durante o século XX.[64] Non inclúe administrativamente un exclave de Jiangsu no norte de Chongming nin as dúas illas que forman o porto de Yangshan de Shanghai, que forman parte do condado de Shengsi de Zhejiang.

Shanghai está situada nunha chaira aluvial. Como tal, a gran maioría da súa superficie terrestre de 6.340,5 km2 é plana, cunha elevación media de 4 m.[65] Ao redor do estuario existen ecosistemas de chaira mareal, pero hai tempo que se recuperaron para fins agrícolas.[66] Os poucos outeiros da cidade, como She Shan, atópanse ao suroeste, e o seu punto máis alto é o pico da illa Dajinshan (103 m) na baía de Hangzhou.[65] Shanghai ten moitos ríos, canles, arroios e lagos, e é coñecida polos seus ricos recursos hídricos como parte da conca do lago Taihu.[67]

Máis información Climograma de Shanghai ...

O centro de Shanghai está dividido en dous polo río Huangpu, un afluente artificial do Yangtsé creado por orde do señor Chunshen durante o período dos Estados Combatentes.[22] O centro histórico da cidade estaba situado na beira oeste do Huangpu (Puxi), preto da desembocadura do arroio Suzhou, que o conectaba co lago Tai e o Gran Canal. Na beira oriental do Huangpu (Pudong) estableceuse o distrito financeiro central, Lujiazui. Ao longo da beira oriental de Shanghai, a destrución das zonas húmidas locais debida á construción do Aeroporto Internacional de Pudong compensouse parcialmente coa protección e ampliación dun banco de area próximo como reserva natural, o Jiuduansha.[68]

Clima

Shanghai ten un clima subtropical húmido (Köppen: Cfa), cunha temperatura media anual de 17 °C (63 °F) para as zonas do centro e de 16–17 °C (61–63 °F) para os suburbios.[62] A cidade experimenta catro estacións distintas. Os invernos son de tépedos a fríos e húmidos: os ventos do noroeste procedentes de Siberia poden provocar temperaturas nocturnas baixo cero. Cada ano, hai unha media de 4,7 días con nevadas e 1,6 días con cuberta de neve.[62] Os veráns son calorosos e húmidos, e poden esperarse chuvieiros ou tormentas eléctricas ocasionais. De media, 14,5 días ao ano superan os 35 °C. No verán e a principios do outono, a cidade é propensa aos tifóns.[69]

As estacións máis agradables adoitan ser a primavera, aínda que cambiante e a miúdo chuviosa, e o outono, que adoita ser sollío e seco. Cunha porcentaxe mensual de sol que oscila entre o 28% en xuño e o 46% en agosto, a cidade recibe anualmente 1.754 horas de sol brillante. (Todos os valores medios mencionados neste parágrafo son datos observados no distrito de Baoshan). Segundo a norma de división estacional da China, de 2001 a 2024, Shanghai entrou na primavera o 9 de marzo, no verán o 16 de maio, no outono o 5 de outubro e no inverno o 4 de decembro. Os extremos desde 1951 oscilaron entre -10,1 °C o 31 de xaneiro de 1977 (a marca non oficial de −12,1 °C estableceuse o 19 de xaneiro de 1893) e 40,9 °C o 21 de xullo de 2017.[70] e o 13 de xullo de 2022[71] nunha estación meteorolóxica de Xujiahui e o 2 de agosto de 2024 no distrito de Minhang tras unha noite de calor estableceu a marca en 32,1 °C como a temperatura mínima diaria máis alta da historia en Xujiahui.[72][73] O 8 de agosto de 2013, a estación meteorolóxica do aeroporto internacional de Shanghai Pudong tamén observou unha temperatura máxima de 41,0 °C.

Máis información Datos climáticos para Shanghai (Xujiahui), Normais 1991-2020, extremas 1951-presente, Mes ...
Máis información Datos climáticos para Shanghai (Minhang District), (1991–2020 normals, extremes 1981–2010), Mes ...
Remove ads

Paisaxe urbana

O Bund, situado a beiras do río Huangpu, alberga unha fileira de edificios de principios do século XX, que van desde a arquitectura neoclásica do Edificio HSBC ata a Casa Sassoon de Art Déco (agora parte do Hotel Peace). Moitas zonas das antigas concesións estranxeiras tamén están ben conservadas, sendo a máis notable a Concesión Francesa. [81] Shanghai tamén alberga moitos edificios arquitectónicamente distintivos e mesmo excéntricos, como o Museo de Shanghai, o Gran Teatro de Shanghai, o Centro de Arte Oriental e a Torre da Perla Oriental. A pesar da desenfreada remodelación, a Cidade Vella aínda conserva algúns deseños e arquitectura tradicionais, como o Xardín Yu, un elaborado xardín de estilo Jiangnan. [82]

Como resultado do seu auxe da construción durante os anos vinte e trinta, Shanghai conta con algúns dos edificios Art Déco máis importantes do mundo.[81] Un dos arquitectos máis famosos que traballou en Shanghai foi László Hudec, un húngaro-eslovaco que viviu na cidade entre 1918 e 1947.[83] Entre os seus edificios Art Déco máis notables atópanse o Hotel Park, o Grand Cinema, e o Paramount.[84] Outros arquitectos destacados que contribuíron ao estilo Art Déco son Clement Palmer e Arthur Turner, que xuntos deseñaron o Hotel Peace, o Hotel Metropole, e o Broadway Mansions;[85] e o arquitecto austríaco C. H. Gonda, que deseñou o Teatro Capitol. O Bund revitalizouse varias veces. A primeira foi en 1986, cun novo paseo marítimo do arquitecto holandés Paulus Snoeren.[86] O segundo foi antes da Expo 2010, que inclúe a restauración do centenario Ponte Waibaidu e a reconfiguración do fluxo de tráfico.[87]

Thumb
O Bund

Un elemento cultural distintivo é a residencia shikumen (石库门, «porta de almacenamento de pedra»), tipicamente casas de ladrillo gris de dous ou tres pisos co patio dianteiro protexido por unha pesada porta de madeira nun arco de pedra estilístico.[88] Cada residencia está conectada e disposta en rúas rectas, coñecidas como longtang.[a] (弄堂). A casa é semellante ás casas de terraza ou casas acaroadas de estilo occidental, pero distínguese polo alto e pesado muro de ladrillo e o arco que hai diante de cada casa.[90]

O shikumen é unha mestura cultural de elementos da arquitectura occidental coa arquitectura tradicional e o comportamento social chino da área xeográfica do Jiangnan. Do mesmo xeito que case todas as vivendas tradicionais chinesas, ten un patio, que reduce o ruído exterior. No patio pódese cultivar vexetación e tamén permite a entrada de luz solar e a ventilación das habitacións.[91]

Thumb
Centro Financeiro Mundial de Shanghai (esquerda) e torre Jin Mao (dereita)

Algúns edificios de Shanghai presentan unha arquitectura neoclásica soviética ou arquitectura estalinista, aínda que a cidade conta con menos estruturas deste tipo que Pequín. Estes edificios construíronse na súa maioría entre a fundación da República Popular en 1949 e a ruptura sino-soviética a finais da década de 1960. Durante este período, un gran número de expertos soviéticos, entre eles arquitectos, chegaron a China para axudar ao país na construción dun estado comunista. Un exemplo de arquitectura neoclásica soviética en Shanghai é o actual Centro de Exposicións de Shanghai.[92]

Shanghái, e en particular Lujiazui, conta con numerosos rañaceos, o que a converte na quinta cidade do mundo con máis rañaceos.[93] Entre os exemplos máis destacados atópanse a Torre Jin Mao, de 421 m de altura, o Xangai World Financial Center, de 492 m de altura, e a Torre Shanghái, de 632 m de altura, que é o edificio máis alto da China e o terceiro máis alto do mundo.[94] Terminada en 2015, a torre ten forma de nove seccións retortas apiladas unhas sobre outras, cun total de 128 plantas..[95] Destaca polo seu deseño de fachada ventilada, que elimina a necesidade de opacar ningunha das capas para conseguir reflectividade, xa que a estrutura de dobre capa xa reduce a absorción de calor.[96] A Oriental Pearl Tower, de aspecto futurista, cunha altura de 468 m, atópase preto, no extremo norte de Lujiazui.[97]

Remove ads

Política

Estrutura

Thumb
Edificio do Goberno Municipal de Shanghai

Como todas as institucións gobernamentais da China continental, Shanghai ten un sistema paralelo de partidos e gobernos.[98] no que o Secretario do Comité do Partido Comunista Chino, oficialmente denominado Secretario do Comité Municipal do Partido Comunista Chino en Shanghái, ten rango superior ao alcalde.[99] O comité do PCCh actúa como máximo órgano de formulación de políticas e adoita estar composto por 12 membros (incluído o secretario), e ten control sobre o Goberno Popular Municipal de Shanghái.[100][101]

Remove ads

Galería de imaxes

Cidades irmás

Shanghai está irmandada coas seguintes cidades:

Remove ads

Puntos de interese

  • O Bund
  • Museo de Shanghai
  • O Templo do Buda de xade
  • A torre Jin Mao
  • O Xardín Yuyuan
  • O Templo Jing’an

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads