Shawn Ashmore
actor canadense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Shawn Robert Ashmore, nado o 7 de outubro de 1979 en Richmond, Columbia Británica, é un actor de cine e televisión canadense recoñecido internacionalmente polas súas actuacións como "Jake" na serie de televisión Animorphs e como o "Home de xeo" nos filmes de X-Men. É o irmán xemelgo do actor Aaron Ashmore, co quen ten compartido papeis nalgúns filmes.
Remove ads
Traxectoria
Comezou a súa carreira interpretando Bobby Drake- Home de Xeo, no filme X-Men (2000), pero nesa primeira parte da triloxía só tivo un papel curto. En 2003 volveu facer o mesmo papel cunha participación maior, sendo mozo de Pícara (papel interpretado por Anna Paquin), e amigo de Pyro, (personaxe de Aaron Stanford).
En 2005 actuou en The Quiet e en Undercassman. No 2006 volveu á pel de Bobby Drake no filme X-Men: The Last Stand, tendo que se enfrontar a problemas sentimentais con Pícara e Kitty Pryde (Ellen Page).
Tamén participou no episodio 12 da primeira tempada da serie Smallville, onde fixo de Eric, un rapaz que consegue os poderes de Clark Kent (interpretado por Tom Welling), grazas a un raio que cae nos dous.
Remove ads
Filmografía
Filmes
Televisión
Videoxogos
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shawn Ashmore ![]() |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads