Meteorito de ferro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os meteoritos de ferro, tamén coñecidos como sideritos, ou meteoritos férreos, son un tipo de meteorito que consiste maioritariamente dunha amálgama de níquel e ferro coñecido como ferro meteórico que normalmente consta de dúas fases minerais: kamacita e taenita. A maioría de meteoritos de ferro orixínanse de núcleos de planetesimais,[1] coa excepción do grupo dos meteoritos de ferro IIE.
O ferro atopado nos meteoritos de ferro foi unha das primeiras fontes de ferro útil dispoñible para os humanos, grazas á maleabilidade e dúctilidade do ferro meteórico, antes do desenvolvemento da fundición que indica o comezo da Idade de Ferro.
Remove ads
Ocorrencia
Aínda que son bastante raros comparados cos meteoritos pétreos, comprendendo só o 5.7% das caídas presenciadas, os meteoritos de ferro foron fortemente representados historicamente en coleccións de meteoritos. Isto débese a varios factores:
- Son doadamente recoñecidos polas súas características pouco usuais incluso polos laicos, ao contrario que os meteoritos pétreos. Hoxe en día as pescudas de meteoritos de ferro na Antártida e en desertos son moito máis representativas en xeral.
- Son moito máis resistentes a axentes climáticos.
- Teñen moitas máis posibilidades de sobrevivir á entrada na Terra, despois de pasar a través da atmosfera.
- Poden atoparse incluso cando están enterrados grazas a equipos de detección metálica.
Grazas a que están feitos maioritariamente de ferro e níquel son bastante máis densos, polo que o 90% da masa en meteoritos pertence aos meteoritos deste tipo.
Remove ads
Orixe
Os meteoritos de ferro relacionáronse con asteroides de tipo M porque ambos teñen características espectrais similares no visible e no infravermello próximo. Pénsase que os meteoritos de ferro son os fragmentos dos núcleos de asteroides antigos máis grandes que foron esnaquizados polos impactos. A calor liberada pola desintegración radioactiva dos nucleidos de curta duración isótopos do alumino e o níquel considérase como unha causa plausible para o derretemento e diferenciación dos seus corpos no inicio do sistema solar. A fusión producida pola calor dos impactos é outra causa de fusión e diferenciación. Os meteoritos de ferro IIE poden ser unha notable excepción, xa que probablemente se orixinen na codia dos asteroides tipo S 6 Hebe.
A análise química e de isótopos indica que estaban implicados polo menos uns 50 corpos parentais distintos. Isto significa que houbo polo menos nalgún momento numerosos asteroides grandes e diferenciados no cinto de asteroides, moitos máis que hoxe.
Remove ads
Composición
A maior parte destes meteoritos está formada polas aliaxes de ferro e níquel kamacita e taenita. Os minerais menores, cando se producen, adoitan formar nódulos redondeados de troilita ou grafito, rodeados de schreibersita e cohenita. A schreibersita e a troilita tamén aparecen como inclusións en forma de placa, que aparecen nas superficies cortadas como láminas de cm de longo e mm de grosor. As placas de troilita chámanse lamelas de Reichenbach.
A composición química básase nos elementos Fe, Ni e Co, que constitúen máis do 95% dela. O níquel está sempre presente; a concentración é case sempre superior ao 5% e pode chegar ao 25%. Unha porcentaxe importante de níquel pódese utilizar no campo para distinguir ferros meteóricos dos produtos de ferro feitos polo home, que normalmente conteñen cantidades máis baixas de Ni, pero non é suficiente para probar a orixe meteorítica.
Uso
Os meteoritos de ferro usáronse historicamente polo seu ferro meteórico, que foi forxado en obxectos culturais, ferramentas ou armas. Coa chegada da fundición e o inicio da Idade de Ferro a importancia dos meteoritos de ferro como recurso diminuíu, polo menos naquelas culturas que desenvolveron esas técnicas. No Antigo Exipto e noutras civilizacións anteriores á Idade de Ferro, o ferro era tan valioso como o ouro, xa que ambos procedían de meteoritos, por exemplo a Daga de ferro meteórico de Tutankamón. Os inuit utilizaron o meteorito de Cabo York durante moito máis tempo. Os propios meteoritos de ferro usáronse ás veces como obxectos de colección ou mesmo símbolos relixiosos (por exemplo, Clackamas adorando o meteorito de Willamette). Hoxe os meteoritos de ferro son obxectos coleccionables apreciados para institucións académicas e particulares. Algúns son tamén atractivos turísticos como no caso do meteorito de Hoba.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads