Silio Itálico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Silio Itálico (nome completo: Tiberius Catius Asconius Silius Italicus) foi un poeta e político romano nado o ano 26 e morto o 101.
É o autor das Punica, epopea en dezasete cantos e 12.000 hexámetros que narra a segunda guerra púnica. Os acontecementos narrados van do xuramento de Haníbal ao triunfo de Escipión tras a batalla de Zama. O estilo desta epopea segue o modelo de Virxilio e comprende algúns xiros audaces, pero unha lingua aínda plenamente clásica pola súa claridade. A obra está chea de detalles eruditos, especialmente xeográficos.
Fibrarum et pennae divinarumque sagacem flammarum misit dives Gallaecia pubem, barbara nunc patris ululantem carmina linguis, nunc pedis alterno percussa verbere terra, ad numerum resonas gaudentem plaudere caetras.
A rica Galicia enviou aos seus homes, hábiles no coñecemento das entrañas das bestas, no voo dos paxaros e no dos lóstregos. Guerreiros que gustan de cantar rudas baladas na súa lingua nativa, bailar golpeando o chan cos pés e facer resoar ritmicamente as súas rodelas.Silio Itálico, 344, libro 3º
Remove ads
Véxase tamén
Bibliografía
- Silius Italicus, La Guerre punique, 4 tomes. Texte établi et traduit par Pierre Miniconi, Georges Devallet, Josée Volpilhac-Lenthéric & Michel Martin. París: Les Belles Lettres, 2003 (2ª edición).
Ligazóns externas
- Punica, livres I-IV As Punica en latín.
- Silius Italicus : Punica, collection Nisard na páxina de Philippe Remacle
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads