Simon and Garfunkel

From Wikipedia, the free encyclopedia

Simon and Garfunkel
Remove ads

Simon and Garfunkel foi un dúo musical de folk rock composto polo cantautor Paul Simon e o cantante Art Garfunkel, formado en 1957. Foron moi populares na década de 1960.

Datos rápidos Orixe, Período ...
Remove ads

Traxectoria

Coñecéronse mentres estudaban no instituto en 1957 e alí formaron o grupo Tom and Jerry, que tiña como canción senlleira "Hey Schoolgirl". Xa como Simon and Garfunkel o seu primeiro álbum "Wednesday Morning, 3 A.M" (1964) pasou desapercibido ata que o produtor, Tom Wilson tivo a idea de engadir guitarras eléctricas a un dos temas do álbum e relanzalo, o dúo saltou, pois, á fama en 1965 con "The Sound of Silence". A súa música foi banda sonora do filme que foi mítico para toda unha xeración, O graduado e que lles deu fama mundial. Cun novo estilo emparentado co folk Simon and Garfunkel estiveron entre os artistas máis populares dos sesenta con cancións como "Mrs. Robinson," e "Bridge over Troubled Water". Despois da súa ruptura en 1970 eles xuntáronse en varias ocasións, a máis coñecida foi o concerto de Central Park, que axuntou 500.000 persoas en 1981.

Remove ads

Discografía

  • Wednesday Morning, 3 A.M. (1964)
  • Sounds of Silence (1966)
  • Parsley, Sage, Rosemary and Thyme (1966)
  • Bookends (1968)
  • Bridge over Troubled Water (1970)

Premios

Premios Grammy

  • En 1969 co single "Mrs. Robinson" do álbum The Graduate
  • En 1971 con Bridge Over Troubled Water (galardoado como mellor álbum)
  • En 2003 por toda a súa carreira musical
  • O asteroide "1999 FP21" nomeouse "91287 Simon-Garfunkel" na súa honra. Cita
  • Na película "Case Famosos" (Cameron Crowe), ao inicio desta, a irmá do protagonista (William Miller) entra á súa casa escondendo un disco de Simon and Garfunkel porque a súa nai non deixa aos seus fillos escoitar rock.
  • Na película "Sucedeu en Manhattan" (Jennifer Lopez), Ty Ventura, fillo da protagonista, é un afeccionado ao grupo e pregúntase por que se separaron.
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads