SMART (base de datos)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
SMART (do inglés Simple Modular Architecture Research Tool, Ferramenta de Investigación da Arquitectura Modular Simple) é unha base de datos biolóxica que se utiliza na identificación e análise de dominios proteicos en secuencias proteicas.[1][2] SMART utiliza modelos de Markov de perfís ocultos construídos a partir de aliñamentos de secuencias múltiples para detectar dominios proteicos en secuencias proteicas. A versión máis recente de SMART contén 1.009 modelos de dominios.[3] Os datos de SMART foron utilizados para crear a colección da Conserved Domain Database (Base de datos de Dominios Conservados) e tamén se distribúe como parte da base de datos InterPro.[4] A base de datos albérgase no European Molecular Biology Laboratory (EMBL, Laboratorio de Bioloxía Molecular Europeo) en Heidelberg, Alemaña.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads