Sintra

From Wikipedia, the free encyclopedia

Sintramap
Remove ads

Sintra é un concello e vila portuguesa sede do mesmo situado na provincia de Lisboa. Malia ser a capital, a vila de Sintra non é a freguesía máis poboada, pois o concello sintrense abrangue espazos intensamente urbanizados con espazos de carácter rural. O concello de Sintra conta cun total de 11 freguesías (20 antes da reforma administrativa do ano 2013). Sintra é un dos centros turísticos máis destacados de Portugal á vez que un espazo urbano suburbio da cidade de Lisboa, da cal dista 25 km.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Demografía

A poboación era, no ano 2013 de 380.934 habitantes[1]. Esta non se establece de xeito uniforme polo territorio sintrense, senón que dentro dos seus límites son diferenciados espazos puramente rurais (norte e oeste do concello) e espazos totalmente urbanizados (sur e leste). Catro das once freguesías (Casal de Cambra, Colares, UF Almargem do Bispo-Pêro Pinheiro-Montelavar e UF S. Joao das Lampas-Terrugem) suman en total menos do 15% da poboación pese a ocuparen o groso da extensión do municipio.

Remove ads

Patrimonio da Humanidade

Na vila de Sintra, situada aos pés da serra do mesmo nome, atópase un importante recinto histórico que, xunto co palacio da Pena e o castelo dos Mouros, forman un Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Freguesías

As freguesías de Sintra son as seguintes:

  • Agualva
  • Algueirão - Mem Martins
  • Almargem do Bispo
  • Belas
  • Cacém
  • Casal de Cambra
  • Colares
  • Massamá
  • Mira-Sintra
  • Monte Abraão
  • Montelavar
  • Pêro Pinheiro
  • Queluz
  • Rio de Mouro
  • Santa Maria e São Miguel (Sintra)
  • São João das Lampas
  • São Marcos
  • São Martinho (Sintra)
  • São Pedro de Penaferrim (Sintra)
  • Terrugem

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads