Sitamón

From Wikipedia, the free encyclopedia

Sitamón
Remove ads

Sitamón foi unha princesa real e raíña consorte da dinastía XVIII do Antigo Exipto, que viviu cara ao ano 1350 a.C.. Outras formas de nomeala: "Satamón", "Sitamen", "Satamun"...

Sa-t-i-mn (Sitamón)
Filla de Amón
en xeroglífico
<
G39timn
n
>
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Cadeira de Sitamón
Remove ads

Familia

Descoñecemos a xenealoxía exacta de Sitamón, pero adóitana facer como a filla máis vella do faraón Amenhotep III e da súa primeira e máis importante Grande Esposa Real, a raíña Tiy. Outras fontes pensan que no canto de ser filla de Amenhotep III era a súa irmá (sería entón filla de Thutmose IV e da súa Grande Esposa Real Iaret), aínda que a versión máis estendida na actualidade é que fosen pai e filla.

Remove ads

Traxectoria

No ano 30º do reinado de Amenhotep III, cando se celebraba o xubileu do monarca (o soado festival Heb Sede), o monarca decidiu casar con Sitamón, que por entón debería de contar vinte anos, máis ou menos. Isto debeu de ser unha gran sorpresa, sobre todo para o pobo común, pois nunca antes se deran casos de incesto, ou polo menos iso se cría. O certo é que as causas de que Amenhotep III casase a esas alturas con Sitamón, cando a súa descendencia parecía asegurada xa polo futuro Akhenatón son un enigma. En teoría, e como xa se dixo antes, Sitamón estaba destinada a casar co seu irmán, e non co seu pai.

Tras este feito, Sitamón practicamente desaparece de escena, e non se volve a ter mención dela ata logo da morte do seu pai e marido, nove anos despois do seu matrimonio. A pesar de ser ascendida ao rango de Grande Esposa Real (cousa que non fixo Amenhotep III co resto das fillas coas que casaría), nunca tivo tanta importancia como a súa nai Tiy, nin ningún peso político coñecido.

Remove ads

Títulos de Sitamón

  • Gran Filla Real (filla primoxénita).
  • Grande Esposa Real (Esposa de Amenhotep III), no ano 30º do reinado de Amenhotep III (festa Sed).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads