Sober
concello da comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O xentilicio é soberés.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sober.
Remove ads
Toponimia
O topónimo Sober é un antropotopónimo derivado do nome Superus ou Superius, a través da forma en xenitivo (villa) Superii. Aparece documentado como Superi en documentación de 1075 e 1099 do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.[2]
Xeografía
O concello de Sober ten unha superficie de 134 km² e atópase na Terra de Lemos, no sur da provincia de Lugo, entre os cursos dos ríos Cabe e Sil, que fan de fronteira física polo oeste e sur, respectivamente. Limita cos concellos de Monforte de Lemos ao norte e leste, Pantón ao oeste e Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira e Castro Caldelas ao sur.
A capital municipal dista 77 km da capital de provincia, Lugo, e atópase a uns 600 m de altitude.
Remove ads
Demografía

Economía
O sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina.
A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata.
A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado).
O sector servizos aglutínase en torno aos servizos municipais e administrativos e aos establecementos comerciais. Cada quince días ten lugar a feira, coa mesma frecuencia có mercado de produtos.
Viño de Amandi
Sober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe.
Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de viño de Rectoral Amandi.
Cada domingo de Ramos, celébrase en Sober a Feira do viño de Amandi.
Remove ads
Historia

Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa.
Durante o período do Imperio Romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona.
Da constitución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias.
Patrimonio histórico e artístico
- A Casa grande de Rosende é un pazo datado en 1511, situado na parroquia de Rosende. Tamén era coñecido na comarca como A Casa das Señoritas. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural non sendo posible a súa visita. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.
Lugares de Sober
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sober vexa: Lugares de Sober. A localidade da Barca (Anllo) antigamente[cando?] pertencía á parroquia de Frontón.[Cómpre referencia]
Remove ads
Política
| Partido | 1999 | 2003 | 2007 | 2011 | 2015 | 2019 | ||
| PPdeG | 7 | 8 | 8 | 7 | 7 | 8 | ||
| IG-Vivo | 2 | |||||||
| PSOE-PSdeG | 3 | 2 | 1 | 2 | 2 | 1 | ||
| PDDdG | 2 | |||||||
| BNG | 1 | 2 | 2 | |||||
| Agroma | 1 | |||||||
| Total | 11 | 11 | 11 | 11 | 11 | 11 | ||
Deporte
No concello hai dous equipos de fútbol, o CD Sober, que xoga os seus partidos en Centeás, e o CD Río Sil, que xoga no campo da Carqueixa. Os dous xogaban na tempada 2018/19 na Terceira Autonómica de Galicia.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Sober.
- Canón do Sil.
- Igrexa de Rosende.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

