Somalia italiana

From Wikipedia, the free encyclopedia

Somalia italianamap
Remove ads

A Somalia italiana (en italiano, Somalia italiana; en somalí, Dhulka Talyaaniga ee Soomaaliya; en árabe, الصومال الإيطالي‎ Al-Sumal Al-Italiy), situada na parte sur do corno de África, foi un protectorado italiano entre 1889 e 1908.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Historia

Inicialmente protectorado, entre 1908 e 1936 tivo o estatuto de colonia. En 1936 transformouse na provincia ou gobernación da Somalia (Governatorato della Somalia) no seo África Oriental Italiana, dentro do Imperio italiano. Nesa época (entre 1936 e 1941) chegou a abarcar unha superficie de 702 000 km².

No curso da segunda guerra mundial, en 1941, foi ocupada polo Reino Unido, ocupación que durou até o final da guerra. Desde 1945 até 1950 estivo baixo adinistración británica, e entre 1950 e 1960 quedou baixo administración fiduciaria italiana por mandato da ONU.

A súa historia como estado soberano iniciouse a partir de 1960. O seu territorio inicial forma parte da República Federal de Somalia, xunto coa antiga Somalia británica.

Thumb
En verde, a Somalia italiana.
(En gris, a Somalia británica).
Thumb
A África Oriental Italiana coas provincias e as súas capitais, desde o 7 de maio de 1936 (anexión de Abisinia) e agosto de 1940 (invasión italiana da Somalia británica). A provincia de Somalia, en verde, despois de incorporar as zonas etíopes de poboación somalí.
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads