Tiburón de Groenlandia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O tiburón de Groenlandia ou peixe momo[2] (Somniosus microcephalus) tamén coñecido en groenlandés como eqalussuaq, é unha especie de gran tiburón da familia Somniosidae, estreitamente relacionado coa especie Somniosus antarcticus.[3] A distribución da especie está restrinxida ó norte do océano Atlántico e ó océano Ártico.
Ten a esperanza de vida máis longa de tódolos vertebrados (polo menos 392 ± 120 anos) e está entre as especies de tiburóns meirandes. Na súa adaptación á vida nas profundidades mariñas,[4] ten a maior concentración de N-óxido de trimetilamina nos seus tecidos, o que fai que a súa carne sexa tóxica.[5]
A carne de tiburón de Groenlandia tratada para reducir os niveis de toxinas é consumida en Islandia, un manxar coñecido como kæstur hákarl.[6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads