Furafollas pequeno

From Wikipedia, the free encyclopedia

Furafollas pequeno
Remove ads
Remove ads

O furafollas pequeno (Sorex minutus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae amplamente distribuída por Europa, estando presente dende Irlanda e a Península Ibérica ata Rusia. A súa pelaxe é de cor marrón escura no lombo, que pasa gradualmente a marrón claro na zona ventral. A lonxitude de testa e corpo é duns seis centímetros, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede os seis gramos. Ten as puntas dos dentes de cor vermella.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...

(Vexa o mapa de distribución en Galicia abaixo do modelo)

Remove ads

Hábitat e distribución

Habita en zonas de vexetación eurosiberiana, principalmente carballeiras, faiais, e as matogueiras de substitución destes, aínda que tamén se localiza en carrasqueiras, penedías e matogueiras de alta montaña. Está ausente en zonas con precipitacións por baixo dos 700 mm. Altitudinalmente atópase entre os 400 e os 2.000 metros.

Situación

Non parece atoparse ameazada, pero convén ter en conta o reducido da súa área de distribución e o illamento xeográfico dalgunhas poboacións.

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads