Southampton F.C.

From Wikipedia, the free encyclopedia

Southampton F.C.
Remove ads

O Southampton Football Club é un equipo de fútbol profesional da cidade de Southampton, Inglaterra. Xogan actualmente na Premier League inglesa, tras o seu ascenso na tempada 2011-12 coma subcampións do Football League Championship.

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...

Xogan os seus partidos coma locais no St Mary's Stadium, estadio ó que se trasladaron no ano 2001, tras xogar no The Dell. O equipo ten o alcume de "The Saints" (en galego, "os santos") dende a súa fundación en 1885, debido á súa historia coma equipo de fútbol dunha igrexa, fundado co nome de St Mary's Church of England Young Men's Association (ou St Mary's Y.M.A), e dende entón xogan de vermello e branco. O club mantén unha longa rivalidade co Portsmouth F.C. debido á súa proximidade xeográfica e á historia marítima de ambos os dous clubs. Os partidos entre os dous equipos son coñecidos coma South Coast Derby.

O club gañou unha FA Cup en 1976, e a mellor posición en liga da súa historia é un segundo posto na First Division na tempada 1983-84.[1] O Southampton descendeu da Premier League o 15 de maio de 2005, rematando así cunha xeira de 27 tempadas consecutivas na máxima categoría do fútbol inglés.

Tras tres tempadas xogando no Championship, os Saints descenderon á League One no ano 2009. Tras dous anos xogando na terceira división inglesa, o club ascendeu dous anos consecutivos baixo o mando de Nigel Adkins. Adkins levou ó Southampton ó 15º posto da Premier League, pero en xaneiro de 2013 foi substituído polo antigo adestrador do RCD Espanyol, o arxentino Mauricio Pochettino.

Remove ads

Xogadores

Cadro actual

Cadro actualizado a 17 de xaneiro de 2013.[2]

Máis información Nº, Posto ...

Cedidos

Máis información Nº, Posto ...
Remove ads

Palmarés

Nacional

Ligas

  • Football League One e predecesoras: 1
    • 1959–60
  • Football League Third Division South: 1
    • 1921–22
  • Southern League: 6
    • 1896–97, 1897–98, 1898–99, 1900–01, 1902–03, 1903–04

Copas

  • FA Cup: 1
    • 1975–76
  • Football League Trophy: 1
    • 2009–10

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads