Stiffelio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Stiffelio é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Le Pasteur, ou l'Évangile et le Foyer de Émile Souvestre e Eugène Bourgeois. Foi estreada o 16 de novembro de 1850 no Teatro Grande de Trieste, resultando un fracaso que obrigou a Verdi a alterar radicalmente a ópera aumentándoa nun acto (pasando polo tanto a ter catro actos) e pasando a acción a transcorrer na Idade Media; esta nova versión foi presentada baixo o título de Aroldo en 1857 cun grande éxito e cunha crítica máis favorable.

Datos rápidos Forma, Actos e escenas ...

Esta ópera represéntase pouco na actualidade, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. con só 7 representacións no período 2005-2010, sendo a 79ª ópera máis representada en Italia e a 20ª de Verdi.

Remove ads

Personaxes

Máis información Personaxe, Tesitura ...
Remove ads

Argumento

Acto I

Stiffelio, un pastor protestante, volve ao castelo do seu sogro Stankar logo de terse adicado á predicación. É acollido co calor da súa familia e os seus amigos. Só a súa dona Lina mostra un comportamento axitado. O pastor é reclamado para ofrecer o seu parecer esclarecedor sobre unha cuestión delicada: viuse fuxir a un home, na noite, por un balcón do castelo, mais na fuxida perdeu unhas follas. Stiffelio sospeita que se trata dun adulterio -sen sospeitar mínimamente da súa muller- e decide magnánimamente lanzar as follas ao lume. Lina suspira aliviada, mais logo, soa na súa habitación, decide escribir ao seu home para revelarlle o seu segredo. Entón aparece Stankar, que lle impón á súa filla a prohibición de revelarlle ao seu home un asunto tan vergoñento. Entrementres, Raffaele, o sedutor, tenta comunicarse con Lina deixando soltando un billete nun libro (O Mesías de Klopstock) que o curmán Federico deberá facer chegar a Lina. O ancián Jorg, ministro protestante e amigo de Stiffelio, asiste á escena sen ser visto e, engañándose, conclúe que o amante é Federico e denuncia o feito a Stiffelio. Durante unha cerimonia na súa honra, Stiffelio diríxese con severidade a Federico, esixíndolle o a entrega de O Mesías. Entón cae o billete de Raffaello, Stankar apresúrase a recollelo para que o xenro non poida ler o seu contido.

Acto II

De noite. Lina prega á súa nai no antigo camposanto do castelo. Aquí é sorprendida por Raffaello, que lle declaro o seu amor. Chega Stankar e impón ao sedutor baterse en duelo. Mais o ruído das espadas fai que chegue Stiffelio, quen ordena aos contendentes que se reconcilien no nome de Deus. Stankar, furibundo, non pode conterse e revela ao seu xenro a verdade. Stiffelio, trastornado, quere matar a Raffaele coas súas propias mans, cando sente a un coro de penitentes que entoa un salmo. Jorg pídelle a Stiffelio que entre na igrexa para celebrar a función. Atordado por todo o ocorrido, e polo violento contraste entre o seu instinto e a súa fe, Stiffelio cae ao pé da Cruz.

Acto III

Nunha sala do castelo, Stankar reflexiona sobre a deshonra que caeu sobre a súa familia, pensando no sucedido: mais cando Jorg lle comunica que Raffaele está volvendo ao castelo para entrevistarse con Stiffelio, decide aproveitar a situación para asasinalo. Stiffelio entrégalle á súa dona un escrito para que o asine, autorizando o divorcio. Lina prégalle entre bágoas que abandone esa idea, mais finalmente cede e asina. Dirixíndose non ao home, senón ao pastor, pídelle confesión. A muller admite o adulterio mais afirma ter permanecido sempre fiel ao seu home no máis profundo do seu corazón. Cando queda só, Stiffelio pregúntase como debe comportarse ante o seu rival, cando ve aparecer a Stankar coa espada ensanguentada coa que acaba de matar a Raffaele. Stiffelio, absorto nos seus pensamentos, disponse a celebrar a misa, mentres o sabio Jorg recoméndalle deixarse inspirar pola Biblia. Dende o alto do púlpito, Stiffelio le publicamente a parábola da adúltera, que dirixida a Lina, equivale ao perdón.

Remove ads

Estrutura

  • Sinfonia

Acto I

  • 1 Introduzione
    • Introduzione Oh santo libro (Jorg, Stiffelio, Stankar) Escena I-II
    • Racconto Di qua varcando sul primo albore (Stiffelio, Stankar, Raffaele, Lina) Escena II
    • Scena Son molti giorni? (Stankar, Stiffelio, Lina, Raffaele, Jorg) Escena II
    • Settimino Colla cenere disperso (Stiffelio, Stankar, Raffaele, Lina, Jorg, Dorotea, Federico) Escena II
    • Seguito e Stretta dell'Introduzione Viva Stiffelio! viva! (Stiffelio, Stankar, Raffaele, Lina, Jorg, Dorotea, Federico, Coro) Escena III
  • 2 Scena e Aria di Stiffelio
    • Scena Non ha per me un accento!... (Stiffelio, Lina) Escena IV
    • Aria Vidi dovunque gemere (Stiffelio) Escena IV
    • Tempo di mezzo Cielo, che orror! (Lina, Stiffelio) Escena IV
    • Cabaletta Ah, v'appare in fronte scritto (Stiffelio, Lina, Stankar) Escena IV-V
  • 3 Scena e Preghiera di Lina
    • Scena Tosto ei disse!... (Lina) Escena VI
    • Preghiera A te ascenda, o Dio clemente (Lina) Escena VI
  • 4 Scena e Duetto di Lina e Stankar
    • Scena Verrà... dovrò risponder! (Lina, Stankar) Escena VI-VII
    • Duetto Dite che il fallo a tergere (Stankar, Lina) Escena VII
    • Tempo di mezzo Basti adesso, quel pianto tergete (Stankar, Lina) Escena VII
    • Cabaletta Or meco venite, il pianto non vale (Stankar, Lina) Escena VII
  • 5 Scena, Coro, Finale I
    • Scena M'evitan!... ma il colloquio (Raffaele, Jorg, Federico) Escena VII-IX
    • Coro Plaudiam! Di Stiffelio - s'allegri il soggiorno (Coro, Stiffelio, Jorg) Escena X-XI
    • Finale I Cugino, pensate al sermone? (Dorotea, Federico, Lina, Raffaele, Stiffelio, Coro) Escena XI
    • Settimino Oh, qual m'invade ed agita (Stiffelio, Stankar, Raffaele, Lina, Jorg, Dorotea, Federico) Escena XI
    • Stretta del Finale I Chi ti salva, o sciagurato (Stiffelio, Stankar, Raffaele, Lina, Jorg, Dorotea, Federico, Coro) Escena XI

Acto II

  • 6 Scena e Aria di Lina
    • Scena Oh cielo!... ove son io!... (Lina) Escena I
    • Aria Ah, dagli scanni eterei (Lina) Escena I
    • Tempo di mezzo Lina... Lina? (Raffaele, Lina) Escena II
    • Cabaletta Perder dunque voi volete (Lina) Escena II
  • 7 Duetto di Raffaele e Stankar, Quartetto e Finale II
    • Scena Io resto. - Allor Rodolfo saprà tutto. (Raffaele, Lina, Stankar) Escena III
    • Duetto Scegli... - Un duello? (Stankar, Raffaele) Escena IV
    • Scena Qual rumore!... Un duello!... (Stiffelio, Raffaele, Stankar, Lina) Escena V-VI
    • Quartetto Ah!... Era vero?... (Stiffelio, Raffaele, Stankar, Lina) Escena VI
    • Finale II Dessa non è, comprendilo (Stankar, Stiffelio, Raffaele) Escena VI
    • Preghiera nel Finale II Non punirmi, Signor, nel tuo furore (Coro, Jorg, Stiffelio) Escena VI-VII

Acto III

  • 8 Scena e Aria di Stankar
    • Scena Ei fugge!... e con tal foglio (Stankar) Escena I
    • Aria Lina, pensai che un angelo (Stankar) Escena I
    • Tempo di mezzo Ah, si finisca... (Stankar, Jorg) Escena II-III
    • Cabaletta Oh gioia inesprimibile (Stankar) Escena III
  • 9 Scena e Duetto di Lina e Stiffelio
    • Scena Dite ai fratei che al tempio (Stankar, Jorg, Stiffelio, Raffaele, Lina) Escena IV-V-VI
    • Duetto Opposto è il calle che in avvenire (Stiffelio, Lina) Escena VI
    • Tempo di mezzo Ma colui!... - Fu tradimento... (Stiffelio, Lina, Stankar) Escena VI-VII
    • Cabaletta Ah sì, voliamo al tempio (Stiffelio, Lina) Escena VIII
  • 10 Preghiera e Finale ultimo
    • Preghiera Non punirmi, Signor, nel tuo furore (Coro, Dorotea, Federico, Stankar, Lina) Escena IX
    • Scena finale Stiffelio? - Eccomi... (Jorg, Stiffelio, Lina, Coro) Escena X
Remove ads

Edición crítica

A edición crítica de Stiffelio, editada por Kathleen Kuzmick Hansell, foi publicada por University of Chicago Press e Ricordi.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads