T.S.O.L. (EP)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
T.S.O.L. é o EP de estrea da banda estadounidense de hardcore punk T.S.O.L. (True Sounds of Liberty), publicado en 1981 a través do selo Posh Boy Records. Os seus tempos rápidos e as súas letras politicamente radicais estableceron á banda como unha das principais forzas da escena hardcore do sur de California da época. Porén, T.S.O.L. afastouse rapidamente do tema político de esquerdas, mudando cara ao rock gótico e cambiando de selo a Frontier Records para editar o seu álbum Dance with Me (1981). Isto levou a unha disputa co propietario de Posh Boy, Robbie Fields, quen afirmou que a banda lle debía outro EP ao seu selo. As dúas partes finalmente chegaron a un acordo no que Posh Boy gañou os dereitos do EP Weathered Statues de 1982 de T.S.O.L., combinándoo co EP de estrea no álbum recompilatorio de 1987 Thoughts of Yesterday: 1991-1992. Nitro Records mercou os masters a Posh Boy en 1997 e volveu publicar os dous EPs como o recompilatorio T.S.O.L. / Weathered Statues.
Remove ads
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Jack Grisham, Ron Emory, Mike Roche, e Todd Barnes.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads