T. Rex
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
T. Rex (orixinalmente chamada Tyrannosaurus Rex) foi unha banda de rock inglesa fundada en Londres nos anos 1960 que tivo éxito como grupo de glam rok nos anos 1970.
Remove ads
Tyrannosaurus Rex
A banda fundouna Marc Bolan en 1967 e tocou só unha vez como quinteto en The Roundhouse antes de separarse. Logo continuou, reducida a dúo, formado por Marc Bolan e Steve Took, editando tres álbums producidos por Tony Visconti.
O son era unha especie de folk rock dunha terra imaxinaria, con guitarras acústicas e diferentes e exóticas percusións. As letras falaban de seres estraños, elfos, fadas, magos e trasnos. Tiveron unha notable aceptación entre os hippies londinienses de finais dos sesenta. Nesta época foron moi apoiados polo famoso xornalista musical John Peel. Pero o auténtico desexo de Marc Bolan era ser unha verdadeira estrela e, tras unha decepcionante xira polos Estados Unidos, despidiu a Steve e recrutou un novo percusionista, Mickey Finn, con quen gravou un cuarto álbum aínda baixo o nome de Tyrannosaurus Rex.
Remove ads
T. Rex
Co álbum T. Rex, de 1970, a banda non só recortou definitivamente o seu nome, senón que ademais pasou aos instrumentos eléctricos. A partir de entón obtiveron os seus maiores éxitos comerciais.
A banda acabou os seus días cando Marc Bolan morreu nun accidente de tráfico en 1977, antes de cumprir os 30 anos.
Discografía
Álbums
- Como Tyrannosaurus Rex
- Como T. Rex
- Compilacións
Sinxelos
- Como Tyrannosaurus Rex
- Como T. Rex
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads