Factor de crecemento transformante beta 2
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O factor de crecemento transformante beta 2 (TGF-β2) é unha proteína segregada que funciona como citocina e realiza moitas funcións celulares e ten un papel vital durante o desenvolvemento embrionario. Outros nomes que recibe son: factor supresor de células T derivado do glioblastoma[1], G-TSF, inhibidor do crecemento das células BSC-1, polierxina, cetermina. Está codificado polo xene TGFB2 do cromosoma 1 humano. Trátase dunha proteína extracelular glicosilada. Suprime os efectos dos tumores de células T dependentes de interleucina. Hai dúas variantes desta proteína, xeradas por empalme alternativo a partir de transcritos do mesmo xene.
![]() | |
TGFB2 procedente de PDB 1tfg . | |
Identificadores | |
Símbolo | TGFB2 |
Símbolos alt. | LDS4; TGF-beta2 |
Entrez | 7042 |
OMIM | |
RefSeq | NP_001129071 |
UniProt | P61812 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 1 :(218.35 – 218.44 Mb) |
A estrutura do TGF-2 foi determinada e o seu monómero ten un núcleo hidrofóbico e un pregamento non globular alongado. Presenta oito cisteínas que forman 4 pontes disulfuro intracadea agrupadas na rexión central formando unha rede complementaria de pontes de hidróxeno. Unha novena cisteína serve para formar un dímero mediante unha ponte de hidróxeno, o cal está estabilizado por dúas caras hidrofóbicas.[2][3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads