Factor de crecemento transformante beta 3

From Wikipedia, the free encyclopedia

Factor de crecemento transformante beta 3
Remove ads

O factor de crecemento transformante beta 3 (TGF-β3) é unha proteína que nos humanos está codificado polo xene TGFB3 do cromosoma 14.[1][2]

Thumb
Representación do TG-β3 baseada en PDB 1ktz
Identificadores
Símbolo TGFB3
Símbolos alt. ARVD; ARVD1; RNHF; TGF-beta3
Entrez 7043
OMIM

190230

RefSeq NP_003230
UniProt P10600
Outros datos
Locus Cr. 14 :(75.96 – 75.98 Mb)

É unha proteína que funciona como citocina, que está implicada na diferenciación celular, embrioxénese e desenvolvemento. Pertence a unha gran familia de citocinas chamada superfamilia do TGF-β, que inclúe a familia do TGF-β, as proteínas morfoxénicas óseas (BMPs), factores de diferenciación e crecemento (GDFs), inhibinas e activinas.[3]

O TGF-β3 crese que regula moléculas implicadas na adhesión celular e formación da matriz extracelular durante o proceso do desenvolvemento do padal. Sen TGF-β3, os mamíferos desenvolven unha deformidade denominada padal fendido ou labio leporino.[4][5] Isto é causado pola incapacidade das células epiteliais en ambos os lados do corpo de desenvolver un padal fusionado. O TGF-β3 tamén xoga un papel esencial no control no desenvolvemento dos pulmóns en mamíferos, pero tamén regula a adhesión celular e a formación da matriz extracelular neste tecido,[6] e controla a curación ao regular os movementos das células epidérmicas e dérmicas na pel lesionada.[1]

Remove ads

Interaccións

O TGF-β3 ten interaccións co receptor de TGF-β 2.[7][8][9][10]

Investigación clínica

Realizáronse con éxito ensaios clínicos en fases I e II,[11] co TGF-β3 recombinante humano (Avotermin, co nome comercial previsto Juvista), pero fracasou nos ensaios en fase III.[12]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads