Fernando Iglesias Sánchez
actor arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Fernando Luís Iglesias Sánchez, máis coñecido polo alcume de Tacholas, nado en Ourense o 25 de agosto de 1909 e finado en Buenos Aires o 14 de maio de 1991, foi un actor galego. Desenvolveu a súa vida artística na emigración arxentina, onde se converteu nunha gran figura do teatro e tamén participou en numerosas películas.
Remove ads
Traxectoria
A súa admiración polo cine veu do seu padriño, Julio Losada, administrador do Cine Teatro Apolo de Ourense. Estudou no colexio dos Maristas de Ourense. As súas inclinacións cara ao canto levárono a pertencer a diversas entidades corais, en especial a Coral de Ruada, onde comezaron as súas inquedanzas artísticas.
En 1929 emigrou á Arxentina, onde residían os pais e as irmás. En Buenos Aires traballou, entre outros, nun obradoiro de fotografía. Ao mesmo tempo integrouse na actividade cultural das sociedades galegas, en especial da Unión Provincial Orensana, da cal seu pai era tesoureiro.

En 1932, convidado por Manuel Núñez Búa, comezou a actuar na radio, e axiña foi acadando sona entre a colectividade galega. Nesta época ten orixe o alcume de Tacholas. Durante a guerra civil española participou en festivais benéficos a prol da causa republicana. Ao rematar o conflito bélico retomou o labor cultural. En 1941 fundou con Maruxa Boga a Compañía de Comedias Galegas Boga-Tacholas,[1] principal dinamizadora do teatro galego en Bos Aires xunto coa Compañía de Maruxa Villanueva. Tacholas participou na estrea da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao Os vellos non deben de namorarse o 14 de agosto de 1941 no Teatro Mayo de Buenos Aires. Representou á Morte no primeiro lance e a Don Ramonciño no segundo.
En 1945, tamén con Maruxa Boga e Alfredo Aróstegui (1906-1985), fundou a audición radiofónica Recordando a Galicia, programa baseado nunha idea orixinal de Castelao. En 1953 inaugurou o programa radiofónico La Voz de Galicia.
A finais dos anos 50 comezou a traballar no cinema arxentino e integrouse en diversas compañías teatrais. No eido cinematográfico negouse de forma sistemática a interpretar papeis que ridiculizasen os galegos. Participou en producións como El crack, La Patagonia rebelde ou Camila. En 1970 integrouse nos elencos do Teatro Municipal General San Martín, con numerosas xiras polo país e no estranxeiro.

Estivo fondamente integrado na colectividade emigrada galega. Foi membro da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA), a Asociación Argentina de Actores, o Centro Coruñés, a Casa de Galicia, o Centro Gallego de Buenos Aires, o Centro Ourensán (do que foi vogal da comisión de cultura), o Hogar Gallego para Ancianos (foi membro da súa directiva), a Irmandade Galega de Bos Aires e a Sociedad General de Autores de la Argentina.
Remove ads
Filmografía

- Chiruca (1945)
- Los de la mesa 10 (1960)
- El crack (1960)
- Una jaula no tiene secretos (1962)
- La herencia (1964)
- La cosecha (1966)
- Dos en el mundo (1966)
- Soluna (1967)
- Somos los mejores (1968)
- El salame (1969)
- El dependiente (1969)
- Pasión dominguera (1970)
- Pájaro loco (1971)
- Crónica de una señora (1971)
- Vení conmigo (1972)
- Operación Masacre (1972)
- Las venganzas de Beto Sánchez (1973)
- Yo gané el prode... y Ud.? (1973)
- Este loco... loco Buenos Aires (1973)
- Si se calla el cantor (1973)
- Operación Rosa Rosa (1974)
- La Patagonia rebelde (1974)
- Los golpes bajos (1974)
- Las sorpresas (1975)
- El muerto (1975)
- La guerra del cerdo (1975)
- Más allá del sol (1975)
- El Pibe Cabeza (1975)
- Sola (1976)
- El gordo catástrofe (1977)
- El soltero (1977)
- Jacinta Pichimahuida se enamora (1977)
- La fiesta de todos (1978)
- Mi mujer no es mi señora (1978)
- La nona (1979)
- El infierno tan temido (1980)
- Días de ilusión (1980)
- Fiebre amarilla (1981)
- De la misteriosa Buenos Aires (1981)
- Te rompo el rating (1981)
- Un terceto peculiar (1982)
- No habrá más penas ni olvido (1983)
- Camila (1984)
- Noches sin lunas ni soles (1984)
- El acompañamiento (1988)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads