Tambor

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tambor
Remove ads

Un tambor[1] é un instrumento de percusión pertencente á familia dos membranófonos[2] segundo o sistema de clasificación de Hornbostel-Sachs. Consta dunha caixa de resonancia, xeralmente de forma cilíndrica, e unha, ou dúas membranas, chamadas parches, que cobren as aperturas da caixa.

Doutra banda, e sobre todo no linguaxe coloquial, a palabra tambor aplícase tamén a outros instrumentos de percusión que non son membranófonos senón idiófonos; son exemplos o tambor de corte ou tambor de madeira que en realidade é un tronco baleiro;[3]ou tamén, en inglés, o steel drum (traducido: tambor de aceiro) que tamén é un idiófono. De aquí poderíase deducir que é máis determinante para que se considere un tambor o feito da percusión máis que o que posúa membranas vibrantes.

Xeralmente, para soar, o tambor é golpeado no parche coa man ou con algún obxecto, comunmente baquetas; aínda que tamén se pode percuti-la caixa ou o canto superior da mesma.

Os tambores poden tocarse individualmente, cun só intérprete, e algúns tambores, como o djembé, case sempre se tocan desta maneira. Outros tocanse normalmente en conxuntos de dous ou máis, todos tocados por un só intérprete, como os bongós e os timbales. Varios tambores diferentes, xunto cos pratos, forman a batería moderna básica.

En xéneros musicais como o rock ou o jazz, a maior parte dos tambores utilizados están no conxunto de instrumentos coñecido como batería.

Os tambores son os instrumentos musicais máis antigos e omnipresentes do mundo, e o seu deseño básico mantívose practicamente sen cambios durante miles de anos.[2] Ademais do seu uso estritamente musical, pode empregarse como medio de comunicación para transmitir avisos a persoas distantes.

Remove ads

Usos

Os tambores tócanse normalmente golpeándoos coa man, cun mazo axustado a un pedal ou cunha ou dúas baquetas con ou sen acolchado. Utilízase unha gran variedade de baquetas, incluíndo baquetas de madeira e baquetas con mazas brandas de fieltro no extremo. No jazz, algúns baterías utilizan escobillas para obter un son máis suave e silencioso. En moitas culturas tradicionais, os tambores teñen unha función simbólica e utilízanse en cerimonias relixiosas. Os tambores utilízanse a miúdo na musicoterapia, especialmente os tambores de man, debido á súa natureza táctil e ao seu fácil uso por parte dunha ampla variedade de persoas.[4] Na década de 2000, a batería tamén se utilizou como unha forma de realizar exercicio aeróbico, o que se coñece como batería cardiovascular.[5][6]

Na música popular e o jazz, "batería" adoita referirse a un kit de batería ou un conxunto de tambores (con algúns pratos, ou no caso dos xéneros máis duros de música rock, moitos pratos), e o "batería" á persoa que os toca.

A percusión adquiriu mesmo un status divino en lugares como Burundi, onde a «karyenda» era un símbolo do poder do rei.[7]

Remove ads

Historia

Thumb
Percusionistas chinos tocando o tambor (século XII).
Thumb
Vasilla da cultura moche que amosa un tambor. Colección do museo Larco, Lima.

Os tambores empréganse dende as eras máis remotas da humanidade. Crese que os primeiros tambores foron troncos ocos de árbores tocados cos pés ou con garabullos. Porteriormente, cando o ser humano aprendeu a cazar e as peles de animais pasaron a ser utlizadas na fabricación de roupas e outros obxectos, decatáronse que ao estricar un pé sobre o tronco o son producido era máis agudo. Os macacos golpean obxectos de xeito rítmico para demostrar dominio social e parece ser procesado de xeito similar no seu cerebro cá vocalización, suxerindo unha orixe evolucionaria dos tambores como forma de comunicación social.[8] Outros primates fan ruídos de tambores golpeando o seu peito ou aplaudindo,[9][10] e roedores como a rata canguro tamén fan sons semellantes usando as súas garras no chan.[11]

Nas culturas do neolítico na China, atopáronse tambores feitos de caveiras de aligátores, do período 5500–2350 a.C. Segundo os rexistros literarios, os tambores con características xamánicas adoitaban seren empregados en cerimonias rituais.[12]

O tambor de bronce Dong Son foi fabricado pola cultura dong son da Idade de Bronce do norte de Vietnam. Entre eles atópase o ornamentado tambor Ngoc Lu.

Os tambores exercían nas civilizacións primitivas diferentes papeis. Alén da produción de música para rituais e festas, os tambores, debido á súa gran potencia sonora, tamén se empregaron como medios de comunicación.

Os gregos chamaban a este instrumento tympanon ou typanon, e os romanos tympanum.

Homero non mencionou o tambor nin na Ilíada nin na Odisea. En As Bacantes de Eurípides, Baco encargou os seus secuaces capturar os tambores que utilizaban os frixios. Afirma que estes tambores, foron "inventados por min e por Rea ou a gran nai dos deuses, Cibeles". Noutra pasaxe di que os coribantes inventárono para el. Entre os gregos críase que os frixios eran os inventores do tambor, mentres que os romanos pensaban que foran os sirios. O máis probable parece ser que os gregos copiasen algún tambor dos asiáticos e que de aí pasaría aos romanos.[13]

Para os tambores utilizábanse peles de touro pero máis frecuentemente peles de asno, como Gaio Xulio Fedro menciona no cuarto libro das súas fábulas. O tambor consistía nun círculo de madeira ou de metal cuberto dunha pel que lle daba a forma dun baruto. O tambor tocábase algunhas veces con baquetas pero o máis común era coa man e da mesma maneira como se toca o pandeiro, ao cal se parecía moito o tambor dos antigos. Para producir un son máis estrepitoso engadíanse uns ferros de metal e tamén campás e axóuxeres. O tympanum pasou a ser o símbolo da feminización, porque o usaban principalmente os homes consagrados a Cibeles. As tocadoras do tímpano foron tidas por mulleres de malos costumes. En ningún monumento antigo vese un tambor con dúas peles, aínda que existen textos sobre eles en obras do baixo imperio. Prudencio xa mencionou que coa simfonia deuse o sinal de ataque na batalla de Accio (31 a. C).[13]

Nos textos bíblicos é posible atopar varias referencias ao tambor; cómpre salientar, no antigo testamento, algúns exemplos: após a pasaxe polo mar Vermello, Míriam e as mulleres de Israel danzaron ao son de tambores (Éxodo 15:20). Outras mulleres danzaron con tambores após as vitorias de Saúl e David (1 Samuel 18:6). O Salmo 149 (verso 3) incentiva a louvar ao Señor con arpa e adufe. Unha das cousas que San Xusto desexaba desterrar dos banquetes eran os tocadores de crótalos e de pandeiros.

Isidoro de Sevilla escribiu que a simfonia era un instrumento que se tocaba alternativamente ou ao mesmo tempo polos dous lados e que a mestura dos dous sons graves e agudos formaba unha harmonía moi agradable.[14]

Thumb
Tamborileiro mochica equipado con unha tinya

A etimoloxía do nome parece indicar que o coñecemento ou uso deste tambor é máis antigo do que xeralmente se cree, é dicir, da época das guerras dos sarracenos ou mouros. Os mouros foron os primeiros que usaron nos exércitos estes instrumentos que eles denominaban al-tambor. Os timbais, instrumento propio da antiga cabalaría e conservado nalgúns lugares de España nas festas populares, son posiblemente tamén invención árabe.

Algúns historiadores opinan que os chineses fixeron uso do tambor desde tempos inmemoriais. Úsanse instrumentos parecidos ao tambor tamén en moitos pobos de África.

É indubidable que os pobos ibéricos adoptaron o tambor tomándoo dos árabes xa na Idade Media. Despois de ser suprimidos durante o reinado de Amadeu de Savoia, o seu uso foi restablecido en 1893 polo xeneral López Domínguez.[15]

No área cultural andina, os tambores eran usados para acompañar cerimonias e festas. Instrumentos como a tinya eran bastante comúns. Na costa sur, os naza desenvolveron o seu propio tambor típico, o cal se caracterizaba polo seu nivel decorativo e escultórico.

Actualmente, alén das peles de animais que continúan a seren empregadas nos tambores tradicionais, utilízanse tamén peles sintéticas ou membranas plásticas, que teñen a vantaxe de sufriren menos coas variacións de temperatura e precisan de menos tensión para produciren sons con bastante calidade.

Os tambores empréganse tamén na marcación rítmica de marchas ou na comunicación de comandos militares.

Remove ads

Tipos de tambores

Thumb
Esquema da vibración dunha membrana

Segundo a clasificación de Hornbostel Sachs, hai dúas grandes tipoloxías de tambores segundo cal sexa a acción que se realiza para que entre en vibración. No primeiro grupo están os tambores percutidos, mentres que no segundo están os de fricción. En realidade, con todo, os segundos, habitualmente, son coñecidos como zambombas e non son considerados verdadeiros tambores. Así pois, e a pesar do criterio e a clasificación sistemática de Hornbostel Sachs, dedícase este apartado aos tambores (membranófonos) de percusión.[16] A tipoloxía vén determinada por elementos varios como son:

  • A forma do resoador
  • Segundo que se trate dun só tambor ou de grupos de tambores (parellas, habitualmente)
  • Segundo que se toque coas mans ou ben con algún tipo de baquetas
  • Segundo a maneira como se fixa e se tensa a membrana

En razón da forma do resoador, os tipos que aparecen son:

  • Tambores en forma de bol, de recipiente. Son os únicos que poden dar un son determinado, os únicos que poden afinarse de maneira precisa. En culturas primitivas abundan os que están feitos de cerámica. Noutras culturas máis avanzadas é habitual atopar tambores de metal. Atópanse dentro deste grupo os timbais orquestrales. Máis aló destes, son moi comúns en África central, en Costa do Marfil e, en xeral, en todo o continente (Sudán, Ghana, etc.). Unha das variantes máis simples e estendidas en África utiliza como resoador unha cabaza. Entre os venda é moi utilizado o tambor ngoma. En América atópanse no Perú, en Novo México e na cultura do peyote. Tamén é común na India: un dos dous tambores que integra a taboa é deste tipo e está feito de metal. A parella de tambores de bol que é común no mundo árabe e que é coñecida co nome de naqara –e que conta con abundante iconografía europea medieval– é o antecesor dos timbais orquestrais que se desenvolveron en Europa a partir do século XV.
  • Tambores que algúns denominan cilíndricos e outros, tubulares. Son os máis abundantes. Poden ter unha membrana ou dúas, e poden ser abertos ou pechos polo seu extremo oposto ao da membrana única ou principal.[n. 1] Esta denominación vén do feito que a maioría de tambores teñen unha membrana de forma circular; por iso tamén se consideran cilíndricos aqueles que teñen as paredes rectas, aínda que a forma da membrana non sexa exactamente circular, senón máis ben triangular (como o caso do isigubu de Suráfrica)[17] ou mesmo cadrada. Entre estes hai os seguintes:
  • Tambores exactamente cilíndricos. É a imaxe máis habitual do que é un tambor para a maioría das persoas, no imaxinario colectivo, e correspóndese á tipoloxía da maioría dos tambores que se utilizan na música europea, tanto na tradicional, como na popular e na clásica. No primeiro grupo está o tamborí, que se toca xunto co flabiol á copla, o tabal que acompaña a dulzaina en Valencia e a maioría de tambores que acompañan as frautas de tres buracos. Entre os segundos, a maioría dos membranófonos que forman parte da batería: o goliat, os tomtoms, a caixa e o bombo. E no terceiro grupo, todos os membranófonos orquestrais excepto os timbales: a caixa e o bombo, principalmente. Á parte, tamén se atopan noutras moitas culturas: entre os nativos de Suramérica e de Norteamérica, en todo o continente africano, con exemplos destacados en Nixeria, Costa do Marfil ou Suráfrica. Tamén en Asia hai tambores deste tipo (no Xapón, na India, en Balí ...) e en Oceanía (en Nova Guinea, por exemplo). O máis frecuente é que estes instrumentos teñan dúas membranas, a pesar de que se afai a tocar só unha, excepto no caso dos que se dispoñen co cilindro en sentido horizontal e as membranas aos lados, verticalmente. En Occidente, é o caso do bombo, cando menos cando intervén en músicas itinerantes.
  • Tambores cónicos, ou máis exactamente troncocónicos, coa base cun diámetro máis estreitado que a parte superior, na cal se percude. Son moi frecuentes ao continente africano. Entre eles hai o ntenga, de Uganda ou o koboro de Etiopía. Igualmente en América desenvolvéronse tambores cónicos (os tambores batá de Cuba ou os dos indios ijca, entre outros) aos cales se uniron nos últimos séculos os que foron traídos desde África polos escravos. Tamén ao Sueste asiático atópanse , por exemplo en Xava e nas Illas Nias. É habitual que estes tambores teñan unha soa membrana percutible.
  • Tambores en forma de bota ou de barril, máis anchos polo centro que polos bordos (as membranas), e normalmente con dúas membranas, que poden ser do mesmo diámetro, se o tambor ten un perfil simétrico, ou de diámetros diferentes, se o ten asimétrico. Son especialmente habituais no sueste asiático (Camboxa, Xava ...) e na India, a pesar de que tamén hai en África, en América do Sur e no Xapón (algúns tambores daiko como o tsuri daiko ou l'ou-daiko. Tamén se atopan entre estes as congas, propias da música latinoamericana e os bongos que son unha versión popularizada e máis moderna.
  • Tambores en forma de reloxo de area, é dicir, máis estreitados na parte central do 'cilindro' que nos extremos, onde están as membranas. Son especialmente empregados na África occidental e no Xapón. Entre os primeiros están, por exemplo, o kalungu de Nixeria e entre os xaponeses destacan o kakko, o tsuzumi e algúns tambores daiko (ou taiko) como o enorme da-daiko. Tamén hai no mundo árabe (en Iraq, Turquía, etc.) e noutras zonas do continente asiático como Corea, India ou Tíbet; este último construíase tradicionalmente con dous cranios humanos recortados e contrapostos, feito que lle daba unhas connotacións máxicas; entremedias o sihi ten ligada unha corda a baqueta que pica alternativamente unha membrana e a outra cando se fai virar rapidamente o tambor. Finalmente, tamén hai tambores deste tipo en Nova Guinea. Algúns consideran que os tambores batá de Cuba están neste grupo. Algúns destes tambores aproveitan o feito de que a parte central do instrumento sexa máis estreita para concentrar unha parte das cordas que fixan a tensión das membranas, de forma que facendo unha presión variable sobre esta sección do centro pódese modificar a tensión das membranas e con isto modifícase a altura do son que produce. Así producen e modulan os diferentes sons os tambores falantes de Nixeria.
  • Tambores en forma de copa, ou de bol ou recipiente, pero cun pé. Os que existen actualmente en Europa como o tarabuka de Grecia e o darbuk de Serbia son claramente derivados –tanto pola forma como polo nome- do darbuka árabe, que se pode atopar desde Marrocos até o centro de Asia con formas, decoracións e materiais diversos. En África Occidental este tipo de tambor está presente en Nixeria, Ghana e Costa do Marfil. Nalgúns destes países e no Congo hai tambores antropomórficos. Igualmente existen en Polinesia, Hawai, e as illas Marquesas.
  • Dentro deste grupo, algúns[18] distinguen, adicionalmente, outro subgrupo: os chamados tambores longos, caracterizados polo feito que a lonxitude do cilindro é moito máis grande que o diámetro. Poden ter formas bastante diversas: cilíndricos, de barril, de reloxo de area, de copa, con pé, etc. Atópanse en África (Camerún, Congo, Nixeria, Suráfrica, en América (entre os indios Talamanca e Chocounos), China, India, Nova Guinea, Polinesia, etc.
  • Tambores de marco: Consisten nunha ou dúas membranas ligadas e tensadas a un marco sinxelo que afai estar feito dunha peza de madeira delgada que configura unha pequena cavidade que engade un pouco de resonancia á vibración da membrana. Hornbostel e Sachs especifican que o límite para considerar que un tambor é de marco e non é cilíndrico é que a profundidade do corpo sexa menor que o radio da membrana. Tamén fan notar que, isto faría que a caixa tivese que ser considerada un tambor de marco, pero, como deriva dos tambores cilíndricos, contémplase dentro daquel grupo.

Normalmente son circulares pero tamén hai outras formas, por exemplo os tambores cadrados que se atopan nalgunhas zonas de España e de Portugal. Tambores destes tipos están asociados aos rituais e ao xamanismo en varias culturas, por exemplo entre os esquimós ou os saamis; nestes casos é habitual que as membranas teñan decoración de carácter simbólico. Algúns teñen un mango en liña co seu diámetro para suxeitalos, mentres que outros se collen directamente polo marco. Algúns, mesmo, no canto de ser golpeados coa man (a maioría) ou unha baqueta (son poucos), colgan unhas cordas ao final das cales hai unhas bólas dos lados do marco e contrapostas, que golpean alternativamente unha membrana e a outra cando se fai virar o mango. É o caso, por exemplo, do terbang e o kelontong de Xava, e tamén se atopan tambores deste tipo no Tíbet. Atópanse exemplares tamén entre os nativos de Norteamérica, en Panamá, Arxentina, Serbia, na India, etc.

Algúns tipos de tambores de marco fan unhas incisións dentro do marco nas cales colocan uns pequenos discos metálicos, por parellas, que se golpean entre eles ao sacudir o tambor. Neste caso trátase dun instrumento mixto, membranófono e idiófono. Existen moitos exemplos, o máis común dos cales é a pandeireta propia de España. Modernamente a pandeireta en moitos contextos constrúese en metal e xa perdeu a membrana, de forma que é só un idiófono. Outros exemplares son o reshoto e o buben, os dous de Rusia, o tar en Turquía, e o riq, o daf comúns en varios países árabes.

En canto ao número de tambores, a pesar de que a maioría se tocan sós –é dicir, un único membranófono é considerado o instrumento- tamén hai múltiples exemplos de instrumentos configurados por dous ou máis tambores. Entre os tambores que van por parellas ou por grupos máis numerosos, os dous exemplos máis comúns son o da batería e o dos timbales de orquestra; no primeiro caso trátase de varios tambores cilíndricos combinados con algúns idiófonos; no segundo o número de instrumentos que integran o conxunto foi aumentando desde as dúas iniciais que había no século século XVIII, se nos referimos á orquestra, ou no século XV, se nos referimos aos seus antecesores non orquestrais. Pero tamén é o caso do táboa da India; un dos tambores é cilíndrico e o outro cónico. Este tambor forma parte do grupo de música máis habitual daquel país, acompañando o sitar e establecendo o tala ou principio rítmico da composición. En Costa do Marfil tamén se tocan conxuntos de tambores de copa, de até cinco instrumentos encadernados entre eles.

Outros instrumentos de tipo tambor son tamén os instrumentos de percusión máis comúns. Algúns son:

  • Mazhar
  • Redoblante
  • Taiko
  • Tambor alegre
  • Tambora dominicana
  • Tambor chamador
  • Tambores de candombe
  • Tamboril
  • Timbal
  • Tumbador
  • Tambor cadrado
  • Tambor chang-ku
  • Huehuetl
Diferentes tipos de tambores
Thumb
Bongó, unha clase de tambor.
Thumb
Banda musical tocando tambores, pratos e outros instrumentos.
Thumb
Tambor usado durante a primeira guerra mundial, no Museo de Salzburgo.
Remove ads

Distintas características

Todos os tambores son membranófonos, mais existen moitas características que poden variar:

Formatos e materiais

Thumb
O tam tam é un exemplo de tambor.

O formato do corpo dos tambores varía debido á súa forma de construción. Os tambores poden estar feitos de troncos de árbores escavados ou ripas de madeira fixadas por aneis como un barril de formato cónico. Os tambores con corpo metálico normalmente posúen o corpo totalmente cilíndrico, como os timbais, as caixas e os tam tam. Os tímpanos, á súa vez, posúen corpo esférico.

Existem tamén moitos outros formatos posibles. Algúns, como o djembê posúen corpo en forma de copa (máis largos nunha das extremidades). Outros, como o tambor falante posúen corpo en forma de ampola (máis largos nas extremidades).

Definición do son

Thumb
Dundun, Dunun ou Djun djun, instrumento de percusión de dúas partes e que pode ter unha campaíña. Moitas veces, é o instrumento central dunha orquestra djembê, encargado dos golpes máis graves.

A maior parte dos tambores producen sons sen altura definida, mais algúns son afinábeis e permiten producir nota definidas. Os tímpanos permiten a afinación precisa e a variación da nota producida a través de pedais que alteran a tensión da pel. Os tam tam e os timbais permitem unha afinación un pouco menos precisa e cada tambor só produce unha nota. Iso significa que para obter a mesma cantidade de notas que dous ou tres tímpanos producen, sería necesaria unha cantidade moito maior de tam tam. Algúns outros instrumentos permitem que o percusionista controle a altura da nota producida alterando coas mans a tensión da pel, tal como ocorre nas táboas e nos tambores falantes (embora* nestes casos as notas non sexan afinadas con precisión).

Peles

Os tambores poden ter pele en só unha ou en ambas as extremidades. Os que posúen dúas peles, poden ser executados pola percusión simultánea de ambas as peles, como nunha zabumba. A segunda pel pode ter só papel estético ou contribuír no timbre do instrumento, como ocorre coa caixa, que posúe esteiras na segunda pele.

Remove ads

Execución

Os tambores poden ser percutidos con baquetas, cepillos de arame ou directamente coas mans, exercendo así o papel de abafadores para alterar o timbre, a altura ou a intensidade do son producido. Os tambores de gran porte como o xaponés taiko, normalmente precisan de grandes baquetas, mentres que as baquetas de tambores menores, como un tamboril non pasan de pequenas varelas.

Os tambores son utilizados en todos os tipos de música, como instrumentos rítmicos, contribuíndo á marcación do tempo da música. Cada cultura e xénero musical, no entanto, utiliza un conxunto diferente de tambores, que serven para definir a súa personalidade rítmica.

Remove ads

Variedades

Os instrumentos de tipo tambor son os instrumentos de percusión máis comúns. Algúns son:

Thumb
Batería básica
  • A batería está formada por un conxunto de tambores, normalmente de madeira, cubertos por dous parches, un para tocar (golpear) (á parte superior) e outro resoante (á parte inferior). Estes tambores poden variar o seu diámetro, afectando o ton, e a profundidade, variando a sensibilidade sobre o parche de resonancia. A batería pódese afinar cunha clave de afinación. Mentres máis grande é o parche, máis agudo é o son, e viceversa.
Thumb
Tamborí e flabiol.
  • O bongón. A súa orixe remóntase á zona oriental de Cuba que, conxuntamente co desenvolvemento do son, chega á súa forma definitiva e maior esplendor ao chegar a A Habana a partir de 1909. É un instrumento denominado de percusión menor. É un membranófono composto por dous tambores de madeira cun parche cada un, cunha diferenza de altura entre eles xeralmente dunha cuarta ou quinta. Os parches son cinguidos por unhas anelas e un sistema de tensión por claves (no seu inicio eran tensados mediante a calor do lume ou con cordas ou correas). Os tambores van unidos polo lado cunha peza de madeira, aínda que antigamente se facía cunha tira de coiro ou unha soga. Os tambores son de forma cónica e execútanse con golpes das palmas da man ou con baquetas. O tambor máis pequeno é chamado macho e colócase á esquerda; quedando á dereita o maior denominado femia. Xeralmente colócase entre os xeonllos do executante sentado, aínda que tamén é moi utilizado sobre un atril. O executante adoita alternar o seu uso co cencerro cubano, utilizado xeralmente no clímax do son, denominado o montuno.
  • A caixa ou redoblante, é un tambor, normalmente de pouca altura, con hebras chamadas bordóns dispostas diametralmente á membrana inferior, os cales lle dan o seu característico timbre máis estridente e metálico que o tambor común. Ao músico que toca a caixa disexe á súa vez por asociación caixa, tendo formación de percusionista. Este instrumento é utilizado en orquestras, en bandas de música, e é unha parte fundamental da batería.
  • A caixa vallenata, está feita dun anaco oco dalgunha árbore fibrosa, agrégaselle un parche de pel de venado ou cabra, axústase nas pernas e leva aneis de tensión, xunto ao acordeón e a guacharaca, é un dos instrumentos tradicionais do famoso vallenato. Mide de 30 a 40 cm.
Remove ads

Nas relixións

A utlización de tambores en rituais relixiosos tamén é moi importante, sobre todo nas relixións afro-brasileiras, como o Candomblé, Umbanda, Batuque, Xambá e Tambor-de-Mina, onde se chaman atabaque, ilú, ngoma ou inhã dependendo do país. Non só se empregan para acompañamento dos cánticos e das danzas, senón que asumen tamén un papel sagrado de ligazón coas divindades.

No Caribe, os Arará con instrumentos que inclúen o ogan (unha campá de ferro que no Brasil se chama de ou agogô), que pode ser substituído por un guataca (lámina de enxada), cachimbo (tambor menor, cun volume do son elevado), mula (tambor médio), e caja (tambor maior, cun volume do son baixo). Os tambores son de cabeza única e fechados no fondo. Outros nomes para estes tambores tamén se usan nalgunhas partes da República Dominicana, como hungan para o caja. O líder é tocado cunha varela e unha man, mentres que os outros se tocan con pares de varetas por tocadores sentados.

Remove ads

Exemplos

Os intrumentos de tipo tambor máis comúns, son:

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads