Tanit
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Tanit era unha divindade feminina fenicia, propia dos asentamentos dese pobo nos territorios do Mediterráneo occidental, como Cartago, Gadir (Cádiz) ou Ebusim.
Tanit e Astarte
Dado o silencio das fontes orientais sobre ela, tense suposto que sería o equivalente de Astarte, porén Tanit foi asimilada desde o primeiro momento á deusa grecorromana Hera / Xuno, mentres que Astarte o fora a Afrodita / Venus, polo que aínda que existise unha identidade orixinaria entre ambas, desde logo foron entendidas como dúas divindades diferentes. A asimilación mostra que Tanit era entendida como unha deusa celeste.
Tanit herdou en Cartago xunto coa súa parella masculina Baal Hammón, a partir do século V a.C., as funcións que até entón exercían Astarte con Melqart.
Remove ads
Iconografía
Mentres Astarte era representada en forma antropomórfica, Tanit aparece, en numerosas estelas, como un ser humano esquemático: unha figura sinxela cun arco ou media lúa por encima da súa cabeza, o que levou a pensar que era unha divindade lunar. É denominado tamén como o Signo de Tanit, e a súa cronoloxía máis antiga remonta ao século VI a. C.
Véxase tamén
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tanit |
Bibliografía
- Markoe, Glenn E. (2000). Phoenicians. "Peoples of the Past" series. Berkeley: University of California Press. ISBN 9780520226142. OCLC 45096924.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads