Teatro grego antigo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O teatro ou drama grego antigo foi unha cultura teatral que floreceu na Grecia antiga a partir do 600 a. C. No seu centro estaba a cidade Estado de Atenas, que se convertera nunha poderosa potencia cultural, política e militar nesa época.

O propio teatro foi institucionalizado como parte dun festival chamado Dionisias (o deus Dioniso era homenaxeado nese festival). A traxedia (tragōida, a finais do 500 a. C.), a comedia (490 a. C.) e o teatro satírico (creado por Semónides de Amorgos e Arquíloco e seguido por Aristófanes, Bión e Luciano de Samosata entre outros) foron os tres xéneros de drama creados nesa época. Atenas exportou o festival ás súas numerosas colonias.[1]
Remove ads
Máscaras

O termo grego antigo para máscara ou careta é prosopon (literalmente, "cara"), e foi un elemento significativo no culto a Dioniso, probabelmente usado en rituais e celebracións atenienses. A maioría dos restos proceden dalgunhas pinturas raras sobre vasillas de cerámica grega do século V a. C., como a máscara do deus pendurada dunha árbore; e, así mesmo, o barco Pronomos, no que se mostra aos actores preparándose para unha obra satírica. Desde entón non nos chegaron vestixios nin restos útiles, porque as máscaras eran de material orgánico e non estaban feitas para durar: ao final, quedaban no altar de Dinisio como agasallo, despois das obras de teatro. Porén, sabemos que as máscaras se utilizaron desde a época de Esquilo e adoitan considerarse unha convención emblemática do teatro grego clásico.
Pola súa banda, tamén se fixeron máscaras para os integrantes do coro, que tamén facían parte da acción e comentaban os feitos. Aínda que adoitaban ser doce ou quince membros no coro da traxedia, as máscaras que levan todos son as mesmas, porque se considera que interpretan o mesmo personaxe.
Remove ads
Notas
Vexase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads