Tebas, Grecia

cidade grega From Wikipedia, the free encyclopedia

Tebas, Greciamap
Remove ads

Tebas (en grego Θῆϐαι) era unha vila grega de Beocia, capital dun domo.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Thumb
Ruínas de Tebas.
Remove ads

Tebas na mitoloxía

Orixes da cidade

Artigo principal: Cadmo.

A cidade foi fundada polo Cadmo (ou Cadmos), fillo de Axenor, rei de Tiro (Fenicia) e de Telefasa, e irmán de Europa.

Chegou a Grecia buscando á súa irmá Europa, raptada por Zeus. Ao non atopala, e seguindo o consello do Oráculo de Delfos buscou un lugar onde fundar unha cidade. No sitio previsto, un dragón matou os seus compañeiros pero el venceu ao dragón e sementou os seus dentes, dos que naceron os guerreiros que lle axudaron a fundar a cidade de Tebas.

Xa ancián, o pobo de Tebas rebélase contra el. Xunto coa súa esposa busca refuxio na Iliria, onde foron finalmente transformados en serpes.

O ciclo de Edipo

Artigos principais: Edipo, Esfinxe e Antígona.

Edipo era fillo dos reis de Tebas Laio e Iocasta. Ao nacer, un oráculo revela que matará o seu pai, ante o cal decídese que morra. Un pastor é o encargado de executalo, pero só o abandona no monte, no que é atopado por outro pastor, este de Corinto, o cal o leva ante os reis de Corinto, que o adoptan dada a súa incapacidade para ter fillos.

Coñecedor da terrible profecía, foxe de Corinto, e nun camiño pelexa e mata a un home, que resulta ser Laio, o seu pai. Chegando a Tebas atopa á Esfinxe, un monstro que se alimenta dos viaxeiros e ten atemorizada a Tebas, que lle propón unha adiviña, Cal é o único animal que na alborada anda con catro pés, ao mediodía con dous pés e á tardiña con tres pés?, que Edipo resolve dicindo que é o home. Edipo salva a vida e a esfinxe suicídase.

Os habitantes de Tebas danlle como mostra de gratitude o trono baleiro e a man da raíña viúva, Iocasta. Xa no trono, as desgrazas que caen sobre a cidade apuntan a un home impío que atrae a cólera dos deuses. Por fin Edipo descobre toda a verdade e cégase polo que fixo. Guiado pola súa filla Antígona diríxese a Colono, alí os seus fillos pelexaran polo seu cadáver, pois será rei quen o posúa.

Máis tarde, Antígona foi condenada a ser enterrada viva como castigo por ter enterrado o cadáver do seu irmán, Polinices, a pesar da prohibición do tirano Creonte.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads