Templo do Ceo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Templo do Ceomap
Remove ads

O Templo do Ceo (en chinés tradicional 天壇, en chinés simplificado 天坛, en pinyin "Tiāntán") é un complexo de templos taoístas en Pequín, o maior do seu xénero en toda a República Popular da China. Foi construído no ano 1420 e foi utilizado tanto pola Dinastía Ming como pola Dinastía Qing para pedir a intercesión celestial para as colleitas (na primavera) e dar grazas ao Ceo polos froitos obtidos (no outono). En 1998 foi catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Datos rápidos Tipo, Estilo ...

Está situado no parque Tiantan Gongyuan, ao sur de Pequín. O Templo do Ceo inclúe ao norte a Sala de oración polas Boas Colleitas; ao sur, o Altar Circular e a Bóveda Imperial Celestial.

O conxunto está rodeado dunha muralla interior e outra exterior formadas por unha base rectangular que simboliza a Terra, rematadas con formas arredondadas para simbolizar o Ceo. As murallas dividen o recinto en dúas zonas: a interior e a exterior.

Remove ads

Sala da Oración polas Boas Colleitas

Thumb
Sala da Oración polas Boas Colleitas.

Este templo, (en chinés 天坛), é talvez o edificio máis coñecido de todo o conxunto e un dos máis representativos da cidade de Pequín. Trátase dunha construción circular, de 30 metros de diámetro e 38 metros de altura. Construído sobre tres terrazos circulares de mármore branco, o edificio érguese sobre 28 piares de madeira e muros de ladrillo. Non ten ningunha viga.

A sala ten un triplo tellado construído con tellas de cor azul e está rematado por unha bóla dourada na súa cúpula. Este edificio foi destruído por un incendio en 1899 e reconstruído no ano seguinte.

Remove ads

Altar Circular

O Altar Circular ou Altar do Ceo é unha construción aberta ligada á Sala da Oración polas Boas Colleitas mediante un camiño de pedra e ladrillos de máis de 350 metros de lonxitude. Construído en 1530, o altar consta de tres terrazos concéntricos rodeados de varandas de mármore branco.

Cada tramo das escadas que conducen ao cumio do altar ten 9 chanzos, xa que os chineses consideran o número 9 como número de boa sorte. A acústica especial do lugar permite que, se alguén fala no centro do altar, o son aumente e se escoite en todos os lugares da sala.

Remove ads

Bóveda Imperial Celestial

Aquí era onde os emperadores rendían homenaxe aos seus antepasados. Trátase dunha construción moi parecida á Sala da Oración polas Boas Colleitas, aínda que dun tamaño menor: 19 metros de altura por 15,6 metros de diámetro.

A bóveda está rodeada polo muro do eco, unha singular construción redonda de cerca de 60 metros de diámetro. Unha persoa pode colocarse en calquera punto do muro e a súa voz ouvirase claramente no punto oposto, xa que o son se transmite ao longo da superficie da parede.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads