Tempo gramatical
páxina de homónimos de Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O tempo gramatical é unha categoría lingüística que traduce diversas categorizacións do tempo "real" ou "natural", permitindo situar unha acción no eixo do tempo da enunciación en relación a tres momentos: o pasado, o presente ou o futuro. Esta categoría asóciase habitualmente ao verbo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tempo (homónimos).
Oponse ó tempo físico (continuum que carece en si de delimitacións. Os lindes que nel observamos son percepcións alleas ó seu ilimitado decorrer), e ó tempo cronolóxico (tempo dos sucesos que implica parámetros como día, estación,..., xa que a duración dos acontecementos e mensurable.
O tempo gramatical (ou temporalidade verbal) é o tempo interno do acto de fala, refire todo o que se transmite nun relato a un punto orixinario que frecuentemente é o instante en que se produce a emisión da mensaxe: a diferenza entre o tempo cronolóxico e lingüístico consiste en que os termos cronolóxicos son parámetros fixos que fraccionan o tempo físico, o tempo lingüístico implica que un suceso poida ser amentado con temporalidades diferentes, dependendo de cando se dea o momento ó cal a súa temporalidade faga referencia con respecto ó acto de fala).
O tempo gramatical exprésase normalmente mediante a conxugación verbal (nas linguas indoeuropeas, por exemplo), aínda que existen outros medios (os adverbios exclusivamente en mandarín, o caso gramatical ou os adxectivos cualificativos (en función predicativa) en xaponés).
O tempo verbal vai acompañado doutras informacións gramaticais, como son o modo, a voz ou a persoa, e todas estas categorías son moi diferentes nas distintas linguas. O único tempo común a todas as linguas é o "presente simple", aínda que o seu uso varía.
Guillermo Rojo atende á temporalidade verbal do seguinte xeito:
Interpretación da táboa:
- O-V (acontecemento anterior ó momento da enunciación ou orixe)
- OoV (acontecemento simultáneo ó momento da enunciación ou orixe)
- O+V (acontecemento posterior ó momento da enunciación ou orixe)
- (O-V)+V (acontecemento posterior a un anterior á orixe)
- (O-V)-V (acontecemento anterior a un anterior á orixe)
- (O-V)oV (acontecemento simultáneo a un anterior á orixe)
- (O+V)+V (acontecemento posterior a un posterior á orixe)
- (O+V)-V (acontecemento anterior a un posterior á orixe)
- (O+V)oV (acontecemento simultáneo a un posterior á orixe)
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads