Tentáculo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tentáculo
Remove ads

Un tentáculo é un apéndice, alongado e flexíbel, sen esqueleto, que presentan algúns animais invertebrados, e que ten diferentes funcións, segundo os distintos grupos taxonómicos.[1]

Thumb
Tentáculos de actinias.
Thumb
Anemonia viridis.
Thumb
Escifozoos da especie Chrysaora quinquecirrha.

O termo tentáculo deriva do verbo latín medieval tentare, que significa "tentar", "apalpar", "sentir", "tocar".[2]

Anemones de mar

As anemones de mar do xénero Actinia teñen tentáculos retráctiles, coa finalidade de protexelos cando o animal queda ao descuberto na baixamar. En cambio es anémonas do xénero Anemonia non teñen tentáculos retráctiles, debido ao feito de que adoitan encontrarse baixo rochas e/ou en pozas onde hai sempre auga. Todas as anémonas, ou case todas, son depredadoras, e usan os seus tentáculos para atraparen ás súas presas cando pasan sobre elas.

Remove ads

Medusas

As medusa da clase dos cubozoos utilizan os tentáculos, que son urticantes, para atrapar presas. Porén, non poden utilizalos independentemente, xa que van á deriva. Pero as da clase das escifomedusas son unha excepción: poden usalos como fai o polbo cos seus raxos.

Cefalópodos

Thumb
A sepia ten 8 brazos e 2 tentácuos.

Os cefalópodos teñen oito brazos provistos de ventosas (cunha excepción: o náutilo, Nautilus pompilius, que ten máis, pero sens ventosas). As luras, as sepias e os polbos, segundo moito autores, teñen tamén oito (ou dez) tentáculos, segundo a definición que deste termo se fai aquí. Pero algúns autores diustiguen entre os tentáculos dos cefalópodos e os seus brazos.

Utilización dos termos brazo e tentáculo

Para evitaren as confusións, certas fontes distinguen os brazos dos cefalópodos dos tentáculos.[3]

Thumb
Larva dun Trypanorhyncha (só se mostran 2 tentáculos dos 4 que ten).

Cando si se fai esta distinción, os tentáculos refírense aos dous membros adicionais, máis longos que os outros membros, que teñen luras e sepias. Así, o termo tentáculo sería inapropiado para os polbos, que carecen destes dous órganos.

Nos brazos, as ventosas dispóñense en toda a súa lonxitude, mentres que nos tentáculos están só ao final.

Porén outras fontes non fan esta distinción.[2]

Cestodos tripanorrincos

Os cestodos Trypanorhyncha son diminutos parasitos de peixes. O seu escólex leva catro tentáculos que están cubertos de espiñas. Estes tentáculos contribúen á fixación do cestodo adulto á paree intestinal dos tiburóns ou das raias que parasitam en estado adulto. Os mesmos tentáculos tamén están presentes nas larvas.[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads