Teo

concello da comarca de Santiago, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Teomap
Remove ads

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2022) conta con 18.918 habitantes.(17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Xeografía

Situación

O concello de Teo, de 80 km² de superficie, forma parte da comarca de Santiago. Limita ao norte con Ames e Santiago de Compostela, ao sur con Padrón e A Estrada, ao leste con Vedra e ao oeste con Brión e Rois. Abrangue 13 parroquias.

A superficie transcorre desde unha chaira na zona norte, con cumios como Pena Agrela (410 m), Alto de Montouto (339 m) e monte da Pulga (373 m), cara ao val do río Ulla, a menos de 100 m sobre o nivel do mar.

Orografía

As terras de Teo están constituídas por materiais duros como xistos, lousas e granitos, e rochas sedimentarias nas áreas de menor altura, como os vales do Ulla e Santa Lucía. As superficies de erosión do norte o do oeste do municipio correspóndense con antigos macizos erosionados no secundario, que na actualidade forman unha sucesión de ondulacións con resaltes graníticos nas alturas comprendidas entre os 300 e os 400 m.

Clima

A climatoloxía desta zona pertence ao dominio oceánico hiperhúmido, con temperaturas suaves matizadas pola presenza do val do Ulla no sur e pola altitude das áreas setentrionais. A temperatura media anual está entre os 13 e os 14 °C, descendendo até os 7 e os 9 °C nos meses de inverno. As precipitacións son elevadas (entre 1.700 e 1.800 mm anuais), especialmente no norte, debido á exposición directa á entrada de masas húmidas.

Demografía

Censo total 18.254 (2014)
Menores de 15 anos 2.815 (15.42%)
Entre 15 e 64 anos 12.418 (68.02%)
Maiores de 65 anos 3.021 (16.55%)
Evolución da poboación de Teo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.036 7.998 9.242 11.071 16.428 17.807 18.266 18.454 17.942 18.254 18.505 18.510
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Remove ads

Historia

Dise que no castro Lupario ou de Francos estaba situado o castelo da Raíña Lupa, lugar ó que acoden os discípulos de Santiago, solicitando permiso para darlle sepultura.

No ano 967, unha grande expedición normanda comandada por Gunrod, formada por máis de cen navíos e con guías do país, ataca a ria de Arousa. Sisnando, o bispo que fortificará Compostela, failles fronte en Rarís. Sisnando morre na batalla.

No Antigo Réxime as parroquias de Calo, Cacheiras, Luou, Oza, Rarís, Recesende e Reis, formaban parte da xurisdición do Xiro da Rocha; as parroquias de Bamonde, Lucí, Vilariño e Teo pertencían á xurisdición de Vea; e a parroquia de Lampai pertencía á xurisdición de Quinta. As tres xurisdicións estaban integradas no señorío do Arcebispado de Santiago de Compostela.[1]

A comezos do século XIX, no trienio liberal, a maior parte do territorio ocupado na actualidade por Teo era coñecido co nome de Oza, pertencente ó partido xudicial de Sar. Coa división provincial de 1822 o concello de Oza seguía a formar parte do partido xudicial de Sar, á súa vez dependente da deputación da Coruña. Trala reforma xudicial de 1834 o municipio, xa co nome de Teo, quedou asignado ao partido xudicial de Padrón.

Con todo, no proxecto administrativo de 1835 contaba cunha parroquia máis. A aprobación definitiva de 1836 asignaba a parroquia de Rumille ao concello de Padrón.

O 23 de abril de 1846, o coronel Miguel Solís, logo de proclama-la Xunta de Galicia, librará batalla nos campos de Cacheiras contra o xeneral De la Concha, enviado polo goberno de Madrid para afoga-la revolta. O resultado será a derrota dos liberais e o fusilamento dos oficiais en Carral.[2]

Remove ads

Cultura

Toponimia

"Teo" atópase escrito na documentación da Idade Media como Sancta Maria de Talegio e como Santa Maria de Teeio. Partindo disto Edelmiro Bascuas considera que estamos ante un hidrotopónimo procedente dunha raíz indoeuropea *tala‑, co significado de "fluír" (a mesma que Tui, mediante < *ta+la‑); Isidoro Millán relaciónao co río Tea, partindo tamén dunha raíz hidronímica *tekw‑, co mesmo significado de "fluír"; mentres que Joseph Piel cre que se trata dun nome de posesor de orixe xermánica *Teodone, isto é, o propietario das terras.[3]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Teo.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Teo

Bamonde (Santa María) | Cacheiras (San Simón de Ons) | Calo (San Xoán) | Lampai (Santa María) | Lucí (Santa Mariña) | Luou (Santa María) | Oza (Santa Baia) | Rarís (San Miguel) | Recesende (San Xoán) | Reis (San Cristovo) | Teo (Santa María) | Vilariño (San Tomé)

Lugares de Teo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Teo vexa: Lugares de Teo.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads