Teodebaldo
duque de Alamania From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Teodebaldo I, nado en ano descoñecido e finado no 746, (en alemán Theudebald ou Theudowald) foi un duque de Alamania da familia dos axilolfingos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Teodebaldo (homónimos).
Remove ads
Traxectoria
Despois da morte do duque e, e pai, Gotfrido en 709, Teodebaldo e o seu irmán Lantfrido asumiron o cargo de duque dos alamáns. Ámbolos dous irmáns eran moi hostís aos mordomos de palacio francos. Probabelmente eran tamén irmáns de Odilón de Baviera, duque do Baviera.
O monxe Pirmino fundou a abadía de Reichenau no 724 baixo a protección do mordomo do palacio Carlos Martel no medio do ducado alamán, o que Lantfrido e Teodebaldo interpretaron como unha provocación. Teodebaldo expulsou entón ao abade Pirmino ob odium Karoli (por odio a a Carlos) no 727,[1] e no 732 tamén expulsou o discípulo de Pirmino e abade do mosteiro de Reichenau, Hedo.
No 730, Carlos Martel dirixiu unha campaña contra os duques Teodebaldo e Lantfrido. Lantfrido morreu ese mesmo ano durante unha campaña militar, e Teodebaldo converteuse entón no único duque. No 732, Teodebaldo foi deposto e expulsado de Alamania, pero á morte de Carlos Martel volveu para reclamar o seu ducado.
No ano 742 Teodebaldo rebelouse contra a autoridade nominal da monarquía merovinxia que entón exercían os dous mordomos de palacio Pipino o Breve e Carlomán. Os vascos, os bávaros (probabelmente comandados por Odilón e os saxóns subleváronse simultaneamente. Ese mesmo ano Teodebaldo invadiu o ducado de Alsacia, daquela gobernado polo duque Liutfrido I. O duque alsaciano foi probablemente morto xunto ao seu fillo loitando para os carolinxios.
En 744, Pipino invadiu o Xura de Suabia e perseguiu a Teodebaldo ao seu reduto da montaña sendo derrotado en Alsacia polos guerreiros de Pipino. E ao ano seguinte, Carlomán marchou de novo sobre o duque, esta vez derrotándoo e executando a moitos nobres no masacre de Cannstatt[2] polo que Alamania foi sometida de vez, e desde 746, Carlomán quedou como gobernante.[3]
Remove ads
Sucesión
Predecesor: Gotfrido |
Duque de Alamania 709-732 (Co seu irmán Lantfrido até 730) |
Sucesor: dominio franco |
Predecesor: dominio franco |
Duque de Alamania 741-746 |
Sucesor: dominio franco |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads