Teodosio III

From Wikipedia, the free encyclopedia

Teodosio III
Remove ads

Theodosios III (Θεοδόσιος Γ') , en galego Teodosio III foi un emperador bizantino que reinou aproximadamente entre 715 e 717.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Teodosio era un oficial financeiro e recadador de impostos en Adramyttium antes de que fose aclamado en maio de 715 candidato imperial polas tropas do thema (distrito militar) de Opsikion que se revelaron contra o emperador Anastasio II. Dise que Teodosio era unha persoa de extracción moi humilde.

De acordo ao cronista Teófanes, Teodosio non desexaba aceptar o trono, pero se viu imposibilitado de renunciar a el. O futuro emperador e as súas tropas puxéronse inmediatamente a asediar Constantinopla. Seis meses despois, en novembro, capturaron a cidade e depuxeron a Anastasio.

Sábese pouco do curto reinado de Teodosio. Tívose que enfrontar con rebelións en Anatolia, e coa invasión dunha frota árabe. En 716 asinou un tratado co khan búlgaro Tervel que favorecía aos búlgaros e que permitía concentrar os esforzos bizantinos en frear aos árabes.

En 717 León o Isaurio, futuro León III, xeneral do thema Anatólico rebelouse contra Teodosio. O fillo de Teodosio foi capturado por León en Nicomedia e ante a eventualidade de que puidese ser executado, Teodosio decidiu renunciar ao trono o 25 de marzo de 717. El e o seu fillo retiráronse da vida política e ingresaron no clero.

Cara a 729 crese que Teodosio converteuse en bispo de Éfeso. Historiadores modernos sospeitan con todo que o bispo elixido era en realidade o fillo do emperador Teodosio, do mesmo nome. En calquera caso, este bispo está rexistrado como participante no Concilio iconoclasta de Hieria.

Máis información Imperio Bizantino ...
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads