Terrassa Futbol Club

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Terrassa Futbol Club é un club de fútbol catalán, da cidade de Terrassa, na provincia de Barcelona. Fundouse en 1906 e xoga actualmente na Terceira División de España.

Datos rápidos Nome, Fundación ...
Remove ads

Historia

En 1902 xogouse o primeiro partido de fútbol en Terrassa, por estudantes da Escola Industrial. En 1906 un grupo destes rapaces crea o Young’s Club nos terreos de En Belil. Dous anos máis tarde pasa a chamarse Terrassa Foot-Ball Club e en 1911 pasa a ser Terrassa Futbol Club. Despois da Guerra Civil e ata 1969 o club tivo a denominación de CD Terrassa.

En 2009 o Terrassa FC entrou en proceso de liquidación; o 29 de xuño outorgáronse os dereitos federativos a TFC Sports SL, que pasou a xestionar o club coa condición de que ao cabo duns meses a natureza xurídica do club cambiase a club social ou sociedade anónima deportiva. No ano 2010 creouse a empresa Terrassa Olímpica 2010 SAD, que adquiriu os dereitos federativos da anterior sociedade anónima deportiva para garantir a continuidade do proxecto.

Remove ads

Uniforme

  • Uniforme titular: camiseta vermella con branco nas mangas, pantalón vermello e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: camiseta branca con vermello nas mangas, pantalón branco e medias negras.

Estadio

Artigo principal: Estadio Olímpic de Terrassa.

O Terrassa xoga no Olímpic de Terrassa, con capacidade para 11.500 espectadores. O estadio foi estreado en 1960 cun partido entre o Terrassa FC e o Sevilla FC que acabou cun resultado de 2-4.

Datos do club

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 15
  • Tempadas en 2ªB: 18
  • Tempadas en : 36 (Incluída a 2012/13)
  • Mellor posto na liga: 5º (2ª división, tempada 1942-43)

Xogadores destacados

  • España Marc Bernaus
  • Luciano Becchio
  • Iselín Ovejero
  • Rolando Zárate
  • Bio
  • Bruno Cazarine
  • Alemaña Maikel
  • Alemaña Alberto Mendez
  • Nixeria Haruna Babangida
  • España Àngel Rangel
  • España Francisco Carrasco
  • España Juanele
  • España Dinamarca Thomas Christiansen
  • España Italia Pier
  • Uruguai Marco Vanzini

Palmarés

Torneos rexionais

  • Copa de Cataluña (4): 1925, 1936, 2002, 2003
  • Campionatos de Cataluña de Segunda Categoría (2): 1915-16, 1923-24

Torneos nacionais

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads