Deserto do Thar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O deserto de Thar ou deserto do Thar é unha vasta rexión de deserto areoso situada no noroeste da India e no leste do Paquistán. Limita ao noroeste co río Sutlej, ao leste coa cordilleira de Aravalli, ao sur coa marisma salina coñecida como Rann de Kachchh e ao oeste coa chaira do río Indo. Situado principalmente no Estado de Rajasthan, na India, o deserto de Thar ten uns 805 km de longo e uns 485 km de ancho.[1][2]
Remove ads
Xeografía
Área
É o sétimo deserto máis grande por superficie (200.000 km²). En lugar dun verdadeiro deserto, é en realidade unha extensión de estepa con moi pouca vexetación, agás as dunas bastante extensas.[3]
Clima e bioma
Recibe menos de 200 mm de precipitacións ao ano. As súas principais cidades son Bikaner e Jaisalmer. A pesar destas condicións de vida extremas, a vida está presente no deserto. Entre os mamíferos, atopamos o antílope negro da India (Antilope cervicapra), a gacela árabe (Gazella bennettii), o caracal (Felis caracal) e o raposo do deserto (Vulpes bengalensis). Tamén é o deserto máis densamente poboado do mundo.

A zona converteuse en deserto nun período relativamente recente, quizais entre o 2000 e o 1500 a. C. Nesta época, o río Ghaggar deixou de ser unha importante vía fluvial e desapareceu no deserto.[4][5] Nas últimas dúas décadas ficou un 38% máis verde, debido a efectos combinados do cambio climático e da intervención humana.[6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads