The Marked

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

The Marked foi unha banda estadounidense de rock gótico/New Wave formada en Chicago en 1985. Destaca por ser a anterior banda do líder de The Smashing Pumpkins Billy Corgan.

Datos rápidos Localización ...

Historia

As orixes de The Marked remóntanse ao ano 1983, cando Billy Corgan coñeceu a Greg Bates no exterior do club Medusa. Corgan e Bates, ambos vocalista e guitarrista, comezaron a compoñer temas e pronto formaron unha banda, Coat of Eyes. Dous anos despois, a banda medrou incluíndo ao baixista Dale Meiners e ao batería Ron Roesing. Jim Marcus tamén contribuíu con algúns temas.

En 1985 Corgan graduouse no instituto e decidiu dedicarse á música a tempo completo. Temerosos dunha fría recepción na súa natal Chicago, a banda, menos Greg Bates, mudouse a San Petersburgo (Florida) e fixéronse chamar The Marked, debido a unhas marcas de nacemento que tiñan Corgan e Roesing. A banda informou que realizaría uns 20 concertos pola zona de St. Petersburgo antes de que Meiners abandonase o grupo de súpeto. Corgan e Roesing de mala gaña volveron a Chicago. O grupo continuou sendo substituído Meiners brevemente por Len Ayala.

En 1987 Corgan sacou o nome "Smashing Pumpkins" e pensou en comezar unha nova banda. Coñeceu a James Iha e, xunto con Roesing, comezaron a tocar como trío con Corgan no baixo. Esta formación de The Smashing Pumpkins produciu unha única demo, Nothing Ever Changes, antes de que Roesing marchase.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads