Theodor Benfey

From Wikipedia, the free encyclopedia

Theodor Benfey
Remove ads

Theodor Benfey, nado o 28 de xaneiro de 1809 e finado o 26 de xuño de 1881, foi un filólogo alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu nunha familia de comerciantes xudeus en Nötrn, nas proximidades de Gotinga, seu pai instruiuno na lingua hebrea, estudou filoloxía clásica na Universidade de Gotinga e pasou un ano en Múnic, onde quedou impresionado coas leccións de Schelling e Thiersch, e despois estableceuse como profesor en Frankfurt. En Gotinga, onde volvera para dar clases, escribiu un pequeno ensaio e publicou de 1839 ata 1842 o Griechisches Wurzellexikon. A partir da década dos corenta a súa atención centrouse no sánscrito, en 1848 publicou unha edición do Samaveda, Die Hymnen des Sâma Veda. En 1852-1852 publicou o Handbuch der Sanskritsprache, un completo manual do sánscrito, que incluía unha gramática, e en 1858 publicou unha gramática práctica desa lingua. En 1859 deu ó prelo unha edición do Panchatantra, Pantschatantra. Fünf Bücher indischer Fabeln, Märchen und Erzählungen. En 1866 publicou o seu monumental Sanskrit-English Dictionary.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads