Tiberio II

emperador bizantino do 578 ao 582 From Wikipedia, the free encyclopedia

Tiberio II
Remove ads

Tiberio II Constantino foi emperador bizantino entre o 578 e o 582, elevado en decembro de 574 á categoría de César durante o reinado de Xustino II grazas á influencia da súa esposa Sofía. Ela exerceu o goberno durante os últimos anos del, que estiveron marcados pola inhabilitación mental do emperador, a guerra persa e a persecución monofisita.

Thumb
Interpretación do busto de Tiberio II, publicada en Romanorvm imperatorvm effigies. Elogijs ex diuersis scriptoribus per Thomam Treteru S. Mariae Transtyberim canonicum collectis (1583)
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

O emperador foi moi popular. Reducíronse os impostos; detívose o acoso á herexía monofisita; os poderes do senado e o dos partidos Verdes e Azuis aumentaron. Formouse un corpo de elite no exército, formado por quince mil bárbaros que co tempo se converteu na chamada garda varega.

Demasiado liberal co tesouro, pois o utilizou para establecer alianzas cos francos e cos longobardos (579), aínda que non puido impedir que os ávaros penetrasen en Tracia e Tesalia (582). Morreu o 13 de agosto de 582 envelenado, segundo se rumoreou, tras comer un prato de amoras. Unha semana antes de morrer nomeou o seu sucesor, o emperador Mauricio.

Máis información Imperio Bizantino ...
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads