Tiburón (barco)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Tiburón foi un petroleiro liberiano de tripulación galega que foi afundido en augas do golfo Pérsico en 1984.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tiburón (homónimos).
Características do barco
O Tiburón era un buque petroleiro, propiedade da empresa suíza Suisse Outre Mer, pero con bandeira liberiana que, naquela época, era a principal bandeira de comenencia para o transporte marítimo de mercadorías. O barco facía a ruta de Al Fujairah, nos Emiratos Árabes Unidos, a Europa, pasando pola illa de Jarq, en Irán, onde cargaba o petróleo.
A súa tripulación estaba composta por 32 homes, na súa maioría galegos, aínda que tamén había alemáns e outros españois. O seu capitán era o alemán Schponagel. Tiña unha capacidade para 260.000 toneladas de petróleo[2].
Remove ads
O ataque
O 28 de xuño de 1984, mentres navegaba polo golfo Pérsico, o Tiburón foi alcanzado por un mísil iraquí, no marco da guerra Irán - Iraq, que tivo lugar a comezos dos anos oitenta. O buque atopábase á 1 da tarde a 33 millas da costa iraniana, a 25º18'N e 50º45'E[3], cando recibiu o impacto dun mísil Exocet por popa que foi estourar na sala de máquinas. Nela atopábanse boa parte dos mariñeiros que logo falecerían.
Faleceron nove persoas[4], dos cales seis[5] eran galegos[6], máis un vasco e dous alemáns. Estes son os falecidos galegos:
- Salvador Ruibal Rodríguez, de Marín (mecánico de 26 anos).
- Luis Olegario Cordeiro Alfaya, de Aldán (pañoleiro de 49 anos)
- Antonio Paz Nerga, de Aldán (tripulante de 26 anos)
- Etelvino Duarte Araújo, de Gondomar (tripulante de 34 anos)
- José Roberto López Troitiño, de Cangas (limpador de 30 anos)
- Carlos Samuelle Docampo, de Sabarís (engraxador de 36 anos)
Outros dezaseis tripulantes galegos salvaron a vida. Os mariñeiros galegos foran recrutados pola navieira Líneas Marítimas Meino Von Eitzen, con sede en Vigo.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads