Timidina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Timidina
Remove ads

A timidina, que tamén se pode denominar con máis precisión desoxitimidina (porque leva desoxirribosa), é un nucleósido coa fórmula C10H14N2O5 formado pola base nitroxenada pirimidínica timina unida por enlace N-glicosídico ao azucre 2-desoxirribosa.

Datos rápidos Propiedades xerais, Propiedades estruturais ...

Cando leva un fosfato unido en posición 5' convértese no nucleótido dTMP, que forma parte do ADN. No ARNt pode aparecer no bucle ou brazo T en forma de ribotimidina (con ribosa).

A timidina úsase en bioloxía celular para sincronizar o ciclo celular das células na fase S.

Tradicionalmente obtíñase a timidina do esperma do arenque, pero despois do seu incremento de produción para fabricar AZT utilizáronse técnicas de enxeñaría xenética[1][2].

Remove ads

Propiedades

En forma sólida aparece como pequenos cristias brancos ou pos cristalinos, ten un peso molecular de 242,229 d, e un punto de fusión de 185 °C. A súa estabilidade é alta en condicións estándar de presión e temperatura.

Non é tóxica e como parte dun dos nucleótidos do ADN aparece de forma natural en todos os organismos vivos e virus de ADN. Aínda que o seu nome debería ser desoxitimidina, úsase case sempre o de timidina, xa que como aparece fundamentalmente formando parte dos nucleótidos do ADN e alí leva sempre a desoxirribosa, non hai necesidade de distinguir. O ARN en vez de nucleótidos coa base nitroxenada timina, leva nucleótidos coa base uracilo (unida a ribosa), pero só se diferencian nun grupo metilo, polo que a base timina pode chamarse tamén 5-metiluracilo.

Remove ads

Análogos e derivados da timidina

A iododesoxiuridina é un radiosensibilizador que incrementa a cantidade de danos que sofre o ADN cando recibe radiación ionizante.

A azidotimidina (AZT) úsase como fármaco para o tratamento contra a infección por VIH. O AZT é un inhibidor da transcrición inversa, que é unha fase crítica na replicación dese virus.

A timidina tritiada úsase en ensaios de proliferación celular. A timidina incorpórase ás células en división e o nivel de incorporación, medido usando un contador de escintilacións líquido, é proporcional á intensidade da proliferación celular [3].

A bromodesoxiuridina (BrdU) é un análogo da timidina que se usa a miúdo para a detección de células en proliferación en tecidos vivos.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads