Torre Baró
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Torre Baró é un barrio que forma parte do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. É un dos barrios máis singulares dese distrito.
Xurdiu a mediados do século XX nunha parte da serra de Collserola de diferentes iniciativas de urbanización en forma de cidade xardín que non prosperou. A zona, que nun principio ía ser residencial, converteuse nun barrio de autoconstrución, a causa das necesidades de vivenda de moitas persoas chegadas doutros lugares de España durante as décadas de 1950 e 1960.
A construción inacabada do castelo de Torre Baró, na cima da serra, converteuse nun símbolo do distrito. Construído durante a primeira década do século pasado, tiña como finalidade converterse nun hotel dentro do proxecto de urbanización da zona residencial. Pero o nome do barrio provén da antiga torre chamada Torre del Baró, construída no século XVI pola familia Pinós ao lado da estrada de Ribes e destruída en 1714. Unha segunda torre foi levantada no mesmo lugar en 1797 e derrubada en 1967 cando se construíu a avenida Meridiana.
En febreiro de 2006 o alcalde Joan Clos inaugurou a ponte do Congost, que conecta os barrios de Torre Baró e Vallbona, por enriba das vías do tren e da AP-7, cunha beirarrúa ampla para viandantes e un corredor de bicicletas.[1]
Remove ads
Galería de imaxes
- Castelo de Torre Baró, que preside o barrio.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads