Trastorno por estrés postraumático

From Wikipedia, the free encyclopedia

Trastorno por estrés postraumático
Remove ads

O trastorno por estrés postraumático ou TEPT é un trastorno mental clasificado dentro do grupo dos trastornos relacionados con traumas e factores de estrés (Dsm 5) como unha agresión sexual, a guerra, un accidente de tráfico, ou calquera outra ameaza da vida das persoas.[1] Caracterízase pola aparición de síntomas específicos trala exposición a un acontecemento estresante, extremadamente traumático, que involucra un dano físico ou é de natureza extraordinariamente ameazadora ou catastrófica para o individuo.[2] Os síntomas poden incluír trastornos de pensamento e emocionais, ou soños relacionados cos eventos que causaron o trauma, así como evasión da realidade e un incremento da reacción de loita ou fuxida.[1] Estes síntomas adoitan durar máis dun mes despois do evento.[1] Os nenos son menos propensos a amosar distrés pero poden expresar os seus recordos a través do xogo.[1] Unha persoa con TEPT ten un alto risco de suicidio e de autolesións intencionadas.[3]

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads