Trematodos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Trematodos
Remove ads

Os trematodos (Trematoda) son unha clase de vermes planos pertencentes ao filo dos platihelmintos e que ten como principal característica o feito de ser parasitos; a diferenza dos monoxeneos, non teñen opisthoaptor, en cambio, caracterízanse por ter unha ou dúas ventosas. Parécense aos turbelarios en ter unha canle alimentaria relativamente ben desenvolvida, e os seus sistemas muscular, excretor e reprodutivos tamén son relativamente completos.

Máis información Clasificación científica, Subclases ...

Teñen o corpo recuberto por unha cutícula e os adultos carecen de epiderme. A maioría dos trematodos teñen ciclos de vida complexos con estadios que afectan a varias especies; en estado adulto son endoparásitos de vertebrado, incluíndo ao ser humano, e en estado larval o son de moluscos e, ás veces, dun terceiro hóspede.[1]

Foron descritas arredor de 9.000 especies. Este grupo inclúe varios parasitos que teñen un enorme impacto nas poboacións humanas, como os trematodos hepáticos humanos, como Fasciola hepatica e o Schistosoma mansoni que causa a enfermidade esquistosomíase.

Thumb
A Schistosoma mansoni é un trematodo causante da esquistosomíase en humanos
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads