Chincharraíz

From Wikipedia, the free encyclopedia

Chincharraíz
Remove ads

O chincharraíz[2], ás veces chamado trigueirón[3] (Emberiza calandra) é unha ave da familia das Emberizidae.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Morfoloxía e hábitos

Lonxitude aproximada de 18 cm e un peso de 50 gramos (é o maior do seu xénero). Corpo compacto e pico forte, de cor parda por todo o corpo con pintas brancas. A especie presenta monomorfismo sexual.

Aliméntase de sementes, brotes tenros e insectos que busca no chan. Habitualmente canta dende lugares altos e prominentes. O seu hábitat predilecto son as zonas de cultivos e praderías con árbores e matogueiras dispersas.

Remove ads

Reprodución

Thumb
Emberiza calandra

As postas, que se realizan entre maio e xullo, consta de 4-5 ovos. O niño está no chan. O tempo de incubación é de 12-14 días e a permanencia no niño e de 9 a 12 días. Fai 1-2 postas ó ano.

Distribución

Presente en Europa Occidental e do Sur de maneira habitual. Esporádico na Europa Central.

Notas

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads