Faneca

From Wikipedia, the free encyclopedia

Faneca
Remove ads

A faneca (Trisopterus luscus L., antes Gadus luscus L.) é un peixe mariño da familia dos gádidos (Gadidae), de pequeno tamaño e comestíbel.

Máis información FanecaTrisopterus luscus, Clasificación científica ...
Remove ads

Distribución

A faneca vive en augas relativamente pouco profundas, entre 30 e 100 m, do Atlántico noroccidental desde as inmediacións de Dinamarca, pasando polas costas das illas Británicas e a Península Ibérica, até a costa norteafricana. Vive tamén no Mediterráneo occidental.

Aínda que vive polo xeral afastado das costas, achégase a elas para desovar, meténdose daquela en profundidades inferiores aos 50 m, sendo entón doado atopala preto das rochas e fondos areosos do litoral. É un peixe gregario.

Remove ads

Descrición

É un peixe fusiforme, en xeral de tamaño pequeno ou mediano, aínda que algúns individuos adultos poden achegarse até os 45 cm de lonxitude[1]. Característica acusada é o desenvolvemento de barba no queixo, o que fai que tamén se lle denomine faneca barbuda ou, sinxelamente, barbuda. A pel presenta pequenas escamas. Ten tres aletas dorsais e dúas anais. A cor é predominantemente acastañada clara no dorso, e prateada na parte ventral, presentando lateralmente catro ou cinco franxas verticais algo máis escuras.

Remove ads

Reprodución

Reprodúcese durante a primavera, en augas polo xeral de menos de 50 m de profundidade. Os ovos son indiferenciábeles do plancto. A larva xorde logo de 10 ou 12 días, e adoita pasar a vivir nos rochedos e areais achegados á costa.

Alimentación

Come pequenos crustáceos e peixiños, moluscos e poliquetos.

Pesca e aproveitamento

A faneca péscase con artes variadas desde arrastre a liña. Non é un peixe demasiado apreciado e, polo tanto tampouco buscado polo pescador, pois só ben fresco a súa carne, clara de cor, é saborosa, pero deteriórase moi logo; por outra banda é algo espiñento. En fresco, polo menos, en Galicia, logo de raspar as escamas, é comido despois de fritido lixeiramente, e previamente rebozado en fariña.

Etimoloxía

Do árabe fanâk "unha especie de garduña aficana", étimo primeiramente proposto por P. Barbier a inicios do século XX e aceptado por Antón Santamarina para o galego[2].

Outros nomes

Á parte de faneca, que é o máis estendido (con faneca barbuda) denomínase tamén fodón, o de tamaño pequeno (nome máis habitual para o Gadus minutus), e con maiores dúbidas desígnase como bicallo e basoca.[3].

Noutros idiomas denomínase: faneca en castelán e portugués; mòllera fosca en catalán; paneka handia en vasco; gode, barraud, plouse, officier e tacaud en francés; bib, pout e pouting en inglés; Bartdorsch e Franzosendorsch en alemán; steenbolk en holandés da variedade flamenga.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads