Trisquel GNU/Linux

From Wikipedia, the free encyclopedia

Trisquel GNU/Linux
Remove ads

Trisquel GNU/Linux é un proxecto de desenvolvemento de software iniciado pola Universidade de Vigo, e que ten como obxectivo a creación dun sistema operativo de propósito xeral, empregando exclusivamente software libre. Atópase dispoñíbel en inglés, galego, castelán, catalán, éuscaro. A versión Dwyn inclúe ademais soporte para francés, chinés, e hindi; optouse así mesmo por substituír o galego como idioma por defecto polo inglés. A última versión (marzo de 2018) é a 8.0 TLS e leva por nome Flidas.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...

O nome de Trisquel provén do coñecido símbolo celta tríscele (triskelion), que está conformado por tres espirais unidas en eixo. O logotipo desta distribución está feito con tres espirais de Debian unidas, como recoñecemento ao proxecto no que esta distro se basea.

O proxecto naceu en 2004 co apoio da Universidade de Vigo e foi oficialmente presentado en abril do 2005 con Richard Stallman, fundador do proxecto GNU, como invitado de honra. Comezouse a desenvolver a partir do proxecto Debian mais no lanzamento 2.0 cambiou os repositorios polos de Ubuntu, xa que está distribución ten plano de traballo mellor definido. O proxecto conta cos seus propios repositorios que parten dos compoñentes Ubuntu's main e universe, mais eliminando todo software privado.

En decembro de 2008 Trisquel GNU/Linux foi incluída pola Free Software Foundation na lista distribucións GNU/Linux recomendadas logo de verificar seu compromiso tanto no uso do software 100% libre como no da súa promoción.

Remove ads

Diferenzas con Ubuntu

A diferenza de Ubuntu, Trisquel GNU/Linux eliminou todos os paquetes que non fosen software libre, substituíu o kernel orixinal por unha versión libre, e incluíu así mesmo paquetes alternativos.

Edicións

Existen tres distribucións do proxecto dispoñibles para descarga. A denominada sinxelamente Trisquel está destinada a escritorio e uso persoal e que usa o escritorio MATE 1.12.[1] Ademais liberase a Trisquel Mini, unha versión lixeira con LXDE, e Trisquel Sugar TOAST, preparada para o espazo educativo co proxecto Sugar.[1] Todas elas están dispoñibles como imaxes iso para plataformas de 32 e de 64 bits. Dende a páxina oficial pódese descargar un Live-CD de cada unha delas excepto de Trisquel Pro xa que por mor do seu tamaño precisa ser gravada nun DVD-R.

Trisquel

A principal edición da distribución está deseñada para uso "caseiro", incluíndo soporte para redes, multimedia, deseño, oficina e desenvolvemento informático así coma varios xogos. Inclúe soporte e recursos para facer traballar DVD's e a maioría dos formatos de son e vídeo por defecto.

Trisquel Edu

Thumb
Servidor de aulas LTSP Trisquel, administrado con iTALC.

O 21 de setembro de 2008 foi ceibada a primeira candidata para esta ferramenta educativa. Estaba baseada nas experiencias previas do proxecto no eido da ensinanza -debido ao seu vencellamento ao mundo universitario as primeiras versións de Trisquel incluían un bo feixe de ferramentas científicas, de enxeñería e tamén especificamente de ensinanza. Inclúe soporte para encerados dixitais de baixo custo que usan proxectores LCD e o control remoto da Nintendo Wii e software gratuíto específico que permite ser utilizado no canto doutras solucións de hardware máis custosas.

Trisquel Pro

Trisquel Pro é un sistema operativo destinado a pequenas empresas. Inclúe un conxunto de programas para xestión da empresa como Abanq, OpenbravoPOS e GnuCash entre outros. A escolma de aplicacións está complimentada con varias ferramentas versatis (all-purpose) que inclúen un firewall en modo gráfico, antivirus para escanear as particións Windows, e o Wine. Foi ceibado oficialmente na feira SIMO en novembro do 2007.

Lanzamentos

Máis información Lenda: ...
Máis información Versión, Nome ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads