Triticale

From Wikipedia, the free encyclopedia

Triticale
Remove ads

O triticale[1] é un cereal sintético que procede do cruzamento entre trigo e centeo.[2]

Datos rápidos Características, Clasificación taxonómica ...
Remove ads

Nome científico

×Triticosecale Wittm. ex A.Camus (sinónimo : ×Triticale Tscherm.-Seys. ex Müntzing) , familia das Poáceas, subfamilia Pooideae, tribo Triticeae.

Orixe

O triticale é un cereal sintético, é dicir, que foi fabricado polo ser humano. Procede do cruzamento entre trigo e centeo. Considérase triticale tanto o centeo cruzado co trigo fariñeiro (brando), como o obtido por cruzamento co trigo duro, sendo os triticales comercializados hoxe en día procedentes deste último cruzamento.

Foi creado en laboratorio, a finais do século XIX, e en 1876 obtívose por vez primeira, porén era estéril, r para 1888 xa se obtivo fértil. Cultivouse por primeira vez en Escocia e en Suecia.

O interese do triticale consiste na posibilidade de reunir nunha mesma especie as características favorábeis tanto do trigo como do centeo.

Os estudos da mellora do triticale comezaron en México en 1962 polo Doutor Norman Borlaung que albiscou o potencial competitivo co trigo en ambientes e solos marxinais malia os precarios recursos xenéticos desta época como precocidade, fertilidade da espiga, bo enchido do gran e estabilidade xenética grazas á mellora xenética realizada en México por parte de investigadores durante máis de 40 anos, o triticale primaveral deixou de ser unha curiosidade científica e tornouse unha cultura competitiva neste país.

Remove ads

Tipos

  • Primarios: Obtidos directamente do cruzamento entre o trigo e o centeo. Actualmente non se cultivan porque son agronomicamente bastante pobres en canto a propiedades.
  • Secundarios. Obtidos tras cruzar triticales primarios con trigos ou con outros triticales a fin de mellorar as súas características, xa que se deriva da combinación dun primario [o pobre] cun trigo así se fai unha mellora.

Morfoloxía

En moitos aspectos a planta de triticale ten unha aparencia intermedia entre a planta do trigo e a do centeo, porén, polo xeral, aseméllase máis ao primeiro. Normalmente é máis alto ca o trigo, posúe follas máis grosas e grandes e as súas espigas son de gran lonxitude. O triticale presenta un gran vigor e a presenza de ceras epicuticulares e o seu xeito de cristalización fan que as plantas amosen unha cor verde-azulada que se maximiza pouco antes do espigado.

Remove ads

Fisioloxía e requirimentos ambientais

Segundo as súas necesidades de frío para a diferenciación floral (vernalización) os triticales (o mesmo que o resto de cereais de inverno) pódense dividir en:

  • Variedades de inverno: Necesitan pasar uns 60 días con temperaturas inferiores a 6 ⁰C. Acostúmanse sementar a mediados do outono.
  • Variedades de primavera: Non precisan vernalización. Adóitanse sementar a finais do inverno.
  • Variedades alternativas: presentan necesidades de frío intermedias.

O ciclo de cultivo é bastante longo (semellante ao do trigo), sendo especialmente longo o seu período de maduración. Este feito fai que a planta estea submetida a un gran risco de asurado, especialmente en situacións de altas temperaturas e escasa reserva hídrica no solo.

Remove ads

Estados fenolóxicos

Un exemplo de escala para a descrición fenolóxica do triticale (coma cereal que é) é a escala decimal de Zadoks (1974). A escala BBCH é a máis axeitada no caso de realizar estudos científicos.

Requirimentos ambientais

Temperatura óptima de xerminación: 20 ⁰C
Temperatura mínima de xerminación: 4 ⁰C
Temperatura óptima para o crecemento: entre 10 e 24 ⁰C
Temperatura mínima e máxima soportada: -10 ⁰C e 33 ⁰C
Necesidades de auga: A maior parte da superficie cultivada no mundo localízase entre 350 e 900 mm anuais.
  • Solo
Textura: é un cultivo polo xeral adaptábel a distintos tipos de solo, tendo unha sensibilidade media a problemas de asolagamento e asfixia radicular.
pH: non é moi esixente en canto ao pH do solo, preferindo solos cun pH lixeiramente acedo.
Salinidade: Presenta unha tolerancia moderada, aínda que a planta é especialmente sensíbel na xerminación e en estado de plántula.
  • Fotoperíodo: polo xeral pódese considerar o triticale como unha planta de día neutro, é dicir, sen necesidades específicas en canto á lonxitude do fotoperíodo.
  • Vernalización: as necesidades de vernalización varían segundo as variedades. Necesitando máis horas de frío as variedades de inverno cás de primavera.
Remove ads

Distribución

Non é un cultivo frecuente en Galiza. Na Península Ibérica abunda máis no suroeste.

Produción en t. Cifras 2004 e 2005
De FAOSTAT (FAO) Base de datos da FAO, 14 de novembro de 2006 Arquivado 17 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.

Polonia3 723 27127 %3 747 92928 %
Alemaña3 290 00024 %2 676 00020 %
Francia1 833 60013 %1 793 97413 %
China750 0005 %1 350 00010 %
Belarús1 216 0009 %1 121 0008 %
Australia615 0004 %675 0005 %
Hungría622 2964 %566 0004 %
Suecia270 2002 %271 5002 %
República Checa305 3962 %255 1862 %
Lituania263 4002 %201 1001 %
Austria235 6852 %198 4681 %
Dinamarca159 5001 %151 6001 %
Outros países592 9504 %495 3694 %
Total13 877 298100 %13 503 126100 %
Remove ads

Interese forraxeiro

O triticale pode utilizarse tanto para gran como para forraxe en función do seu manexo e das variedades utilizadas xa que, aínda que en xeral todas desenvolven unha gran cantidade de biomasa, non todas teñen aptitudes forraxeiras. En canto ao seu uso forraxeiro, os seus rendementos, tanto en verde como en ensilaxe, poden superar aos do trigo, centeo, orxo ou avea.

En principio as variedades de inverno son máis axeitadas para o seu aproveitamento forraxeiro, xa que desenvolven maior cantidade de biomasa.

O triticale pode utilizarse coma forraxe, só ou mesturado con leguminosas, a fin de mellorar o seu perfil de aminoácidos.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads