Arroaz do Indopacífico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O arroaz do Indopacífico, Tursiops aduncus (Ehrenberg, 1833) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos que vive en augas da India, o norte de Australia, o sur da China, o mar Vermello, e a costa oriental de África.[2]
Remove ads
Taxonomía
A especie foi descrita en 1833 por Christian Gottfried Ehrenberg, baixo o nome de Delphinus aduncus.[1] Posteriormente foi adscrita ao xénero Tursiops, que describira Paul Gervais en 1855 e, durante moito tempo, pensouse que era coespecífica con Tursiops truncatus.
Pero, en base a estudos de concordancia xenética, osteoloxía e morfoloxía externa, determinouse que esta especie é taxonomicamente distinta de T. truncatus.[3]
O status taxonómico de varias subpoboacións de Tursiops (por exemplo fronte as costas de Suráfrica e o oeste de Australia é cuestionábel, e o xénero pode dividirse aínda máis.[4]
Remove ads
Características
Alcanza até 2,6 m de lonxitude e un peso de até 230 kg. A súa coloración é gris escura no dorso e gris clara ou abrancazada con manchas grises na rexión ventral.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads