USA Today

xornal dos Estados Unidos de América From Wikipedia, the free encyclopedia

USA Today
Remove ads

USA Today (en galego: Estados Unidos Hoxe) é un xornal dos Estados Unidos de tirada nacional publicado por Gannet Corporation. É o diario de maior tiraxe nese país (con aproximadamente 2,25 millóns de copias calquera día entre semana) e o segundo con maior tiraxe no mundo anglófono (despois de The Times of India).

Datos rápidos Formato de páxina, Fundación ...
Remove ads

Historia

Thumb
Máquina expendedora de USA Today en Nova York.

USA Today foi fundado o 15 de setembro de 1982 por Allen Neuharth. Pretendía rachar cos xornais máis tradicionais (considerados ás veces demasiado grises, cheos de palabras e sen cor), cun estilo cheo de grandes diagramas e fotografías. É tamén coñecido polas súas enquisas sobre as opinións do público estadounidense.

Inicialmente o xornal tamén pretendía manterse á parte dos métodos tradicionais de distribución, e véndese por medio de máquinas expendedoras. USA Today tamén buscou acomodarse ós viaxeiros de negocios e distribuíase amplamente en aeroliñas, aeroportos e hoteis, como forma adicional a outros puntos de venda. Tamén foi un dos primeiros xornais en utilizar transmisións vía satélite para mandar a edición final a distintas localidades do país para a súa impresión e distribución en mercados rexionais. A innovación e o uso de centros rexionais de impresión permitiron atrasar a hora de peche das edicións e poder incorporar eventos máis recentes de novas e deportes en cada edición.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads