Uda
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Emperador Uda (宇多天皇, 867—931) foi o 59º emperador do Xapón, segundo a lista tradicional de sucesión. O seu nome de nacemento foi Sadami e reinou entre o 17 de setembro do 887 e o 4 de agosto do 897. Pertence ó período Heian.
Remove ads
Biografía
Foi o 7º fillo do emperador Kōkō, o seu pai para reducir os gastos da Corte retiroulles os seus fillos o título de altezas imperiais, Sadami foi adoptado polo clan Minamoto e adoptou o nome de Minamoto no Sadami (源 定省). O seu pai elixiuno como herdeiro e foi promovido de novo ó título de príncipe imperial polo apoio do rexente Fujiwara no Mototsune. No ano 897 abdicou en favor do seu fillo Daigo e retirouse ó templo Ninna-ji, fundado por el.
Remove ads
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
