Ufa

cidade de Rusia From Wikipedia, the free encyclopedia

Ufamap
Remove ads

Ufa ou Ufá (Уфа en ruso, Өфө en baxkir) é unha cidade de Rusia, capital da república de Baxkortostán, situada na beira dos ríos Ufa e Bélaia, que conta cunha poboación de 1,064.200 habitantes (2010). A maioría dos habitantes da cidade son de etnia rusa (36,1 %), tártara (28,3 %) e baxkir (17,1 %).

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

Foi fundada como fortaleza en 1574 por Iván IV de Rusia "o terrible". No século XVIII converteuse nun salientable centro comercial e cultural da zona, e dende o ano 1781 tamén nun centro administrativo da rexión coñecida naquel entón como Oremburgo. O desenvolvemento industrial da cidade chegou co ferrocarril, que dende 1890 comunicou a cidade con boa parte do resto do imperio ruso. Durante a guerra civil rusa, Ufa foi temporalmente a capital do Goberno Provisional de Tódalas Rusias, un movemento antibolxevique. Uns anos despois, durante a segunda guerra mundial, a cidade tamén acolleu un tempo a capitalidade da República Socialista Soviética de Ucraína por mor da invasión dos nazis.

Remove ads

Industria

O descubrimento de petróleo en Baxkortostán durante a primeira metade do século XX transformou a Ufa nun importante centro industrial. Na actualidade ten industrias eléctricas, mineiras, petroquímicas e de procesado de alimentos.

Deportes

As principais entidades deportivas da cidade son:

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads