Ulán Bátor

capital de Mongolia From Wikipedia, the free encyclopedia

Ulán Bátormap
Remove ads

Ulaanbaatar (cirílico: Улаанбаатар; mongol: ᠤᠯᠠᠭᠠᠨᠪᠠᠭᠠᠲᠤᠷ) ou Ulán Bátor é a capital de Mongolia. No 2008 a súa poboación estimábase en 1.044.500 persoas. Está situada ao norte e lixeiramente ao leste do centro do país, sobre o Río Tuul, un afluente do Selenga, nun val ao pé da montaña Bogdo Uul.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Vista de Ulán Bátor dende o outeiro Zaisan.
Remove ads

Historia e características

Fundado no 1649 coma unha cidade-mosteiro budista chamada Urga prosperou na década de 1860 coma un centro comercial sobre a ruta do entre Rusia e mais a China. Cando Mongolia se converteu na República Popular de Mongolia, no 1924, o seu nome trocouse a Ulaanbaatar ("heroe vermello" na lingua mongol), na honra do heroe nacional mongol Sühbaatar. A súa estatua adorna a praza central de Ulán Bátor.

Ulán Bátor ten un aeroporto internacional chamado Buyant Ukhaa e está conectado por autoestrada coas principais cidades mongois, así como co tren Transiberiano. A cidade ten a única universidade do país.

Remove ads

Lugares de interese

  • Museo de Historia Natural
  • Mausoleo de Sühbaatar
  • Mosteiro de Gandantegchinlen Khiid coa estatua de Migjid Janraisig, de 25 m de alto
  • Pazo de inverno de Bogd Khan

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads