Unión Deportiva Ourense
equipo galego de fútbol From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Unión Deportiva Ourense é un club de fútbol da cidade de Ourense. Naceu en 2014 para substituír o baleiro que deixou a desaparición do CD Ourense. Xoga os seus partidos como local no Estadio do Couto. No ano 2022 ascendeu á Terceira Federación, e no 2025 á Segunda Federación.
Para o equipo de nome semellante véxase: Unión Deportiva Orensana.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |


Remove ads
Historia
Tras a desaparición do CD Ourense por mor da crise económica, os seareiros do equipo crearon a plataforma SOS CD Ourense. Decidiuse formar un novo equipo co nome de Unión Deportiva Ourense, e asinouse a acta fundacional o 10 de xullo de 2014.[1] Logo de se inscribir no rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia e na Federación Galega de Fútbol, o club foi encadrado no grupo 13 da Terceira Autonómica de Galicia.
A Asociación de ex xogadores do CD Ourense asumiu a parcela deportiva do novo club. Antonio Dacosta foi nomeado adestrador do primeiro equipo, e Perfecto Rodríguez "Peluso" foi nomeado coordinador dos equipos base. Xogadores do CD Ourense xa retirados volveron aos campos para sacar adiante o proxecto, como Adolfo, José Ramón Dacosta, Santi ou Víctor Arias.
O primeiro encontro amigábel tivo lugar ante a Unión Deportiva Barbadás, de 3ª división, o 28 de agosto no campo dos Carrís. Venceron os locais por 5-0. O primeiro partido oficial foi o 31 de agosto, nun encontro da Copa Deputación B ante o Santa Teresita de 2ª Autonómica no campo dos Remedios. Venceu a Unión Deportiva Ourense por 3-1, e Adolfo foi o autor do primeiro gol da historia do club.
No campionato de liga 2014-15 o equipo acadou o 1º posto, logrando o ascenso a Segunda Autonómica de Galicia. Os primeiros partidos do campionato tiveron lugar no Campo Miguel Ángel dos Remedios, e os seguintes xogáronse xa no Estadio do Couto, propiedade da Xunta de Galicia.
Tras dous ascensos consecutivos máis, o 27 de maio de 2018 conseguiu chegar a categoría nacional no derradeiro e decisivo partido da liga. A UD Ourense chegaba como líder e xogaba polo ascenso nun duelo directo no campo do Atios. No caso de perder, dependía do resultado do Porriño Industrial, que tamén obtivo unha vitoria. O partido acabou co empate inicial e a UD Ourense ascendeu. Militou durante tres tempadas na Terceira División, ata que en 2021 sufriu o primeiro descenso da súa historia, caendo de novo a Preferente.[2] Na tempada seguinte volveu acadar o ascenso[3], desta volta á recentemente creada 3ª RFEF, onde xogou tres tempadas até acadar en 2025 o ascenso á Segunda Federación.
Remove ads
Historial na liga
Remove ads
Órganos de goberno
Como resultado do seu establecemento como club de xestión polo sistema de accionariado popular, a asemblea xeral (composta polos socios fundadores e de número) convoca eleccións para escoller as persoas que constituirán a Xunta Directiva[4]. Ao longo da historia do club a presidencia foi ostentada por: Modesto García, Ramón Dacosta, Fernando Currás e Javier Orbán.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads