UNII

identificador permanente e único para substancias From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads
Remove ads

O UNII ou Unique Ingredient Identifier (Identificador de ingrediente único) é un identificador non patentado (non propietario), libre, único e inequívoco, non semántico e alfanumérico vinculado á estrutura molecular dunha substancia química e/ou á información descritiva polo Sistema de Rexistro de Substancias (Substance Registration System, SRS) da FDA norteamericana. Un UNII sempre ten unha lonxitude de dez caracteres e xérase aleatoriamente, para que non conteña ningunha información inherente sobre o momento de entrada ou o tipo de substancia.

O SRS utilízase para xerar identificadores permanentes e únicos para as substancias en produtos regulados, tales como ingredientes de medicamentos. O sistema utiliza a estrutura molecular e a información descritiva para definir unha substancia e xerar un UNII. O principal modo usado para a definición dunha substancia é pola súa estrutura molecular representada nun plano bidimensional. Cando unha estrutura molecular non está dispoñible (por exemplo, produtos botánicos), o UNII defínese a partir da información descritiva.[1]

O procedemento e manexo do SRS proporciónao o Consello SRS, que inclúe expertos da FDA e da United States Pharmacopeia (USP).[2]

Remove ads

Exemplos

Máis información Termo preferido ...

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads